Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.047

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (845/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 845/2002 por instancia de María del Pilar Ramallo Capelán contra Cartex 2001, S.L., sobre despedimento nos que recaeu sentencia en data 30-1-2003 que, copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por María Pilar Ramallo Capelán contra a empresa Cartex 2001, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado e, así mesmo, extinguida

a relación laboral da demandante o día de hoxe, condenando a demandada a observar e pasar pola anterior declaración e ó aboamento da cantidade de 2.134,96 euros en concepto de indemnización, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a readmisión en caso de que opte por esta última.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado na deste xulgado, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 60 0845 02, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse conta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 65 0845 02 entregándose o xustificante na

secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Cartex 2001, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 20 de febreiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado