Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.969

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (943/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 943/2002, seguidos por instancia de María Rosa Cancela Alonso e outra contra WSI Coruña-Dos, S.L. sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 10 de febreiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa WSI Coruña-Dos, S.L. a que readmita inmediatamente a María Rosa Cancela Alonso e Marta María Díaz Armesto nas mesmas condicións que rexían antes de se producirse o despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandade das seguintes indemnizacións, das que a extinción se entenderá producida na data do cesamento efectivo do traballo.

TraballadoraIndemnización

María Rosa Cancela Alonso10.180,85 euros

Marta María Díaz Armesto7.744,37 euros

A devandita opción deberase exercer no termo dos 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante desde xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

No caso de que a elección fose a favor da readmisión, condeno así mesmo a parte demandada a que lle satisfaga á demandante os salarios que por non teña percibido desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, tomándose en consideración, para tal efecto, o salario que se estima acreditado no feito probado primeiro, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata esta data ascenden ás seguintes cantidades:

TraballadoraIndemnización

María Rosa Cancela Alonso4.431,78 euros

Marta María Díaz Armesto4.458,75 euros

E debo absolver e absolvo o Fogasa das pretensións da demanda.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir de notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, ó seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de presentalo, é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consigancións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado

do do importe da condea.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a WSI Coruña-Dos, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Primavera, 20, 15006 A Coruña; e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 10 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado