Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.969

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (275/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 275/2002, contra a empresa Interpesco, S.A. sobre incapacidade e complemento salarial, dictouse a seguinte sentencia:

«A Coruña, 14 de xaneiro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 275/2002, seguidos por instancia de Miguel Borja Camacho, maior de idade, asistido pola letrada Carmen Garrido Dalmau, contra a empresa Interpesco, S.A., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, incapacidade e complemento salarial.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Miguel Borja Camacho, e debo condenar

e condeno á empresa Interpesco, S.A. a que lle aboe ó demandante a cantidade de 30.787,65 euros máis xuros legais correspondentes desde o 9-4-2002.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Interpesco, S.A., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 19 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado