Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.970

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (317/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 317/2002 por instancia de José Corral Platas, contra ISM e outros sobre incapacidade, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña, 20 de febreiro de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña, viu os presentes autos de xuízo número 317/2002, seguidos por instancia de José Corral Platas, maior de idade, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, contra o ISM, representado e asistido pola letrada Mª Carmen García Sánchez; a TXSS, que non compareceu nos autos; e a empresa London Shipping Enterprises, que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, incapacidade.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Corral Platas contra o ISM, a TXSS e a empresa London Shipping Enterprises, absolvendo os codemandados dos pedimentos contidos nela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta

sentencia, do que coñecerá no caso a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa London Shipping Enterprises que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 21 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado