Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.970

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (517/2002).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fai saber que neste Xulgado do Social se segue procedemento nº 517/2002, por instancia de José Luis Martínez Combarro, contra Sintel, S.A., e outros, sobre cantidade,

O acto de conciliación e o xuízo están sinalados para o vindeiro día 19 de maio de 2003, ás 9.30 horas, cítase en única convocatoria a empresa Sintel, S.A., que tivo o seu domicilio no Camiño da Feira, 38. Xestoso, Bembrive, Vigo, e hoxe en paradoiro descoñecido para que, acompañada de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza ante este xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á realización do acto de conciliación e xuízo correspondente.

Advírtese que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral, e fáiselle saber que a copia da demanda está á súa disposición na secretaría deste xulgado. Requírese a referida empresa para que no acto de xuízo achegue nos autos as follas de salario do demandante correspondentes ós anos 1999, 2000 e 2001 e o libro de matrícula, así como tódolos contratos de traballo subscritos polo demandante coa empresa. Cítase, así mesmo, ó representante legal da referida empresa, cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e lle sirva de notificación, citación e requirimento á empresa Sintel, S.A., expídese este edicto en Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado