Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.968

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (932/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 932/2002 seguidos por instancia de Cristina Río Arganda e outras, contra WSI Coruña, S.L. e outros sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou

sentencia, con data do 10 de febreiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa WSI Coruña, S.L. a que readmita inmediatamente as demandantes nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante das seguintes indemnizacións e, das que a extinción se entenderá producida na data do cesamento efectivo do traballo.

TraballadoraIndemnización

Cristina Río Arganda3.379,72 euros

Mª Lilian Manuela Potter10.373,84 euros

Rebecca Catherine Hicks6.395,84 euros

A devandita opción deberase exercer no termo dos cinco días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante desde xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

No caso de que a elección fose a favor da readmisión, condeno así mesmo á parte demandada WSI Coruña, S.L. a que lle satisfaga á demandante os salarios que non percibise desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración, para tal efecto, o salario que se estima acreditado no feito probado primeiro, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata a data ascenden ás seguintes cantidades:

TraballadoraIndemnización

Cristina Río Arganda2.920, 68 euros

Mª Lilian Manuela Potter3.340,68 euros

Rebecca Catherine Hicks3.105,48 euros

E debo absolver e absolvo o Fogasa das pretensións da parte demandante.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, en contra da dita resolución cabe recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de presentalo, é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condea na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado ó

do importe da condea.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a WSI Coruña, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. de Arteixo, 13, 15005 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o dez de febreiro de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado