Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.967

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde, pola que se constitúe a área de servicio compartido de medicina nuclear do Complexo Hospitalario de Ourense.

O Decreto 37/2001, do 1 de febreiro, de configuración de áreas de servicio compartido en estructuras hospitalarias do Servicio Galego de Saúde, formula, entre outros fins, a provisión de servicios a través de unidades de alta especialización con personalidade xurídica propia, presentes en hospitais públicos. Adoptarase para isto o modelo de configuración de áreas de servicio compartido que actuarán integradas funcionalmente nun centro hos

pitalario público e estarán suxeitas ós criterios de planificación que a Consellería de Sanidade e o Servicio Galego de Saúde determinen, para procura-lo aproveitamento do potencial dos recursos asistenciais presentes nos hospitais públicos, e co obxecto de optimiza-la calidade da asistencia sanitaria prestada.

A actividade asistencial desenvolta no Complexo Hospitalario de Ourense, no ámbito da medicina nuclear, reúne unhas condicións óptimas para configurarse como área de servicio compartido, ó dispoñer entre os seus servicios asistenciais da Unidade de Medicina Nuclear, xestionada polo Instituto Galego de Medicina Técnica, se ben gozará de autonomía en materia de xestión dentro do orzamento asignado, para acada-los obxectivos establecidos polo Sergas

no convenio subscrito co Instituto Galego de Medicina Técnica.

A integración dos recursos asistenciais existentes constitúe un criterio básico de xestión no ámbito da sanidade pública, co fin de acadar unha atención integral, eficiente e continuada. Por isto, o Servicio Galego de Saúde debe beneficiarse do traballo simultáneo e coordinado de ámbalas dúas institucións a través da constitución dunha área de servicio compartido no Complexo Hospitalario de Ourense, para a realización das prestacións propias de medicina nuclear.

O propósito final desta integración debe dirixirse cara á consecución do grao máximo e medible de calidade asistencial co menor custo económico posible, empregando para isto unha maior flexibilidade na xestión dos recursos e aplicando unha metodoloxía axeitada de seguimento e avaliación dos procedementos asistenciais contidos na carteira de servicios que permita verifica-la idoneidade dos procedementos establecidos e situarse nunha liña de mellora continua nos procesos asistencias desenvoltos.

Por todo isto, ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 37/2001, do 1 de febreiro, de configuración de áreas de servicio compartido en estructuras hospitalarias do Servicio Galego de Saúde, elaborado o plan asistencial desta área de servicio compartido polo director xerente do Complexo Hospitalario de Ourense, e unha vez emitido informe favorable da División de Asistencia Sanitaria,

RESOLVO:

Artigo único.-Constitúese a Área de Servicio Compartido de Medicina Nuclear do Complexo Hospitalario de Ourense, nomeando ó director médico do Hospital Santa María Nai deste complexo hospitalario como coordinador asistencial da devandita área.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2003.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde