Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.879

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DO BARCO DE VALDEORRAS

EDICTO (382/2002).

Beatriz Suárez Rey, secretaria accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un do Barco de Valdeorras, dou fe e testemuño de que neste procedemento se dictaminou sentencia (auto) do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción do Barco de Valdeorras.

Xuíz Valeriano Palomino Lozano.

Xuízo ordinario 382/2002.

O Barco de Valdeorras, 10 de febreiro de 2003.

Sentencia nº 15 de 2003.

Vistos por mín, os autos do xuízo ordinario 382 de 2002, promovidos por Luis Ortiz Tena, en nome e representación de Santiago García Castro, asistido do letrado Antonio Corredoira Alfonso, como demandante contra Manuel Álvarez López e comunidades

hereditarias de José Eugenio, María e Dolores Álvarez López, como demandados representados polo procurador José Antonio Martínez Rodríguez a Manuel Álvarez López, Jorge López Álvarez, Josefa López Álvarez e Manuela López Álvarez, asistido do letrado Ramón Núñez Fernández, sobre acción de nulidade de testamento.

Decido. 1º. Tense por desistido o demandante Santiago García Castro con respecto ós demandados Manuel Álvarez López, Jorge López Álvarez, Josefa López Álvarez e Manuela López Álvarez, podendo o actor promover novo xuízo con respecto ós mencionados demandados sobre este obxecto. 2º. Que estimando a demanda interposta por Luis Ortiz Tena, en nome e representación de Santiago García Castro, debo declarar e declaro a nulidade das disposicións de contido patrimonial establecidas no testamento outorgado perante o notario desta vila Enrique Franch o 1 de novembro de 1943 e que figura na escritura pública co número do seu protocolo 419. 3º. Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade. 4º. Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias civís. 5º. Notifíquese ás partes esta resolución.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a súa notificación, nos termos previstos nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil de 7 de xaneiro de 2000, debendo, quen o inste, prepara-lo recurso na forma prevista no artigo 457 da Lei de axuizamento civil (LAC). Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Valeriano Palomino. Rubricado».

Concorda co seu orixinal e para a notificación ós demandados rebeldes comunidades hereditarias de José, Eugenio, María e Dolores Álvarez López, expido e asino este edicto no Barco de Valdeorras o 12 de febreiro de 2003.

A secretaria

Rubricado