Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.878

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (96/2002).

Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 96/2002, dictouse sentencia con data do 18-2-2003, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia.

En Noia o dezaoito de febreiro de dous mil tres.

Mª Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia, tendo visto e oído en xuízo oral e público a

causa xuízo de faltas 96/2002, seguida por unha contra a orde pública contra Andrés González Shuttleworth, maior de idade con DNI 77006078 sen domicilio coñecido, son denunciantes Manuel Laíño Rodríguez e Antonio Blanco García, policías locais do Concello de Noia, e sendo parte nesta o Ministerio Fiscal en representación da acción pública.

Dictamino que debo condenar e condeno a Andrés González Shuttleworth como autor responsable dunha falta contra a orde pública á pena de dez días de multa con cota diaria de dous euros e con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, así como ó pagamento das custas causadas.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentencias.

Notifíquese esta resolución con indicación de non ser firme por caber contra ela recurso de apelación en ámbolos dous efectos para interpoñer, se é o caso, neste xulgado e para que a Audiencia Provincial da Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Andrés González Shuttleworth, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no DOG, expido este edicto en Noia o dezanove de febreiro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DO BARCO DE VALDEORRAS