Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.878

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (974/2000).

Domingo Villafáñez García, secretario substituto do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, certifico que neste xulgado se seguen autos de xuízo de cognición 974/2000-L, seguidos por instancia de Almacén de Madera Delfín Martín, S.L.,

representado polo procurador sr. Castro Bugallo e defendido polo letrado Juan Olives contra Antonio García Pena nos cales se dictou no día da data a oportuna sentencia que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coruña; vistos os presentes autos de xuízo de cognición, promovidos por instancia de Almacén de Madera Delfín Martín, S.L., e na súa representación o procurador dos tribunais sr. Castro Bugallo, e na súa defensa o letrado Juan Olives, contra Antonio García Pena, o cal se encontra en ignorado paradoiro, e

Decido que estimando integramente a demanda interposta polo procurador sr. Castro Bugallo na representación de Almacén de Madera Delfín Martín, S.L., condeno a Antonio García Pena a aboarlle á demandante a cantidade de 658.759 pesetas, mailo xuro legal do diñeiro sobre a referida cantidade desde a data da interpelación xudicial ata o completo pagamento. As custas do procedemento impóñense ó demandado.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que contra esta e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación que se preparará perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así por esta miña sentencia da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expídese este edicto co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia co fin de proceder á notificación da sentencia ó demandado Antonio García Pena o cal se encontra en ignorado paradoiro.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE NOIA