Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.879

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (285/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 285/2002 seguidos por instancia de José Ramón Taibo Remuiñán contra a empresa Madeber, S.L. e outros sobre invalidez permanente parcial, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 11 de febreiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

Que, desestimando a pretensión da demanda presentada por José Ramón Taibo Remuiñán, debo absolver e absolvo a tódolos codemandados das pretensións do demandante.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, en contra a dita resolución cabe recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando ó letrado que deberá de presentalo, é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así, por esta a miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Madeber, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Carballo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 14 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado