Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.880

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (499/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 499/2002 seguidos por instancia de María de la Iglesias contra Speed Impresoras, S.L. e outros sobre diferencias da base reguladora das prestacións de viuvez e orfandade, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou auto de aclaración de sentencia, con data do 14 de febreiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

SSª resolve: que procede rectificar e aclara-la sentencia recaída en autos na que procede engadir: «e debo condenar e condeno á empresa Speed Impresoras, S.L. a facerse cargo da pensión recoñecida ó demandante pola diferencia entre a recoñecida na sentencia e a recoñecida pola Seguridade Social, sen prexuízo da obriga de anticipo pola entidade xestora.

En contra desta resolución caben os mesmos recursos que en contra da sentencia que se rectifica e aclara.

Así acordouno e asina Isabel Olmos Parés, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un da Coruña».

E para que lle sirva de notificación á empresa Speed Impresoras, S.L. que tivo o seu último enderezo

coñecido en polígono de Pocomaco, D-2, nave 4, Mesoiro, 15190 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 14 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA