Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia para a administración dos servicios telemáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia.

1. Obxecto: contratación dunha asistencia para a administración dos servicios telemáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia.

2. Orzamento de licitación: 250.821 euros, IVE incluído, dividido en dúas anualidades, das que 188.116 euros son para o ano 2003 e 62.705 euros con cargo ó ano 2004.

3. Prazo de execución: un ano contado desde a sinatura do contrato.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.A.L., r/ Praza de Mazarelos, 14, 15703 Santiago de Compostela, teléfono 981 58 54 55, mediante o aboamento do importe que corresponda.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2317.

5. Fianza provisional: 5.016,42 euros.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación dunha asistencia para a Administración dos servicios telemáticos da Xunta de Galicia, que presenta D./Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), a partir das 13 horas do día que resulte de contar 11 días naturais a partir do día seguinte ó do peche de presentación de proposicións que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo a este concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública