Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 10 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/91-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. plaza Constitución, 1.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 245 m de lonxitude, con orixe na liña SDM 7.04, á altura do cruzamento das rúas Carral/Marqués de Valladares, alimentando en bucle o C.T. proxectado, e remate no punto e orixe. C.T. de 250 kVA, R/T 15 kV-380/220 V, situado na rúa Joaquín Yáñez I, no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 10 de marzo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra