Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.798

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (945/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 945/2002 contra a empresa Kids Galicia, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

Sentencia. A Coruña, 14 de febreiro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 945/2002, seguidos por instancia de María Victoria Louro Ferreiro e Patricia Suárez Casas, maiores de idade, asistidas polo letrado Miguel Taboada Pérez, contra a empresa Kids Galicia, S.L. e o fondo de garantía salarial, que non compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polas demandantes e declaro improcedentes o despedimento efectuado pola empresa Kids Galicia, S.L. e extinguida a relación laboral na data desta resolución, e debo condenar e condeno a empresa a que lle aboe ás demandantes a seguinte indemnización: a María Victoria Louro Ferreiro, 6.441,78 euros e a Patricia Suárez Casas, 3.359,11 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no banco Banesto desta cidade, co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en

concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no banco Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603 clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E para que sirva de notificación á empresa Kids Galicia, S.L., de domicilio descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado