Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.798

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (865/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

Nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 865/2002 contra José Pedro da Silva Correia Mimoso sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Sentencia. A Coruña, 17 de febreiro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 865/2002 seguidos por instancia de Sonia María Morales González, maior de idade, asistida polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a empresa José Pedro da Silva Correia Mimoso, que non compareceu e o fondo de garantía salarial representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Sonia María Morales González contra a empresa José Pedro da Silva Correia Mimoso, e debo condenar e condeno a esta a que lle aboe á demandante a cantidade de 614,37 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa José Pedro da Silva Correia Mimoso que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 17 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA