Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.797

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO de poxa (59/1995).

Manuel Ferreiro González, secretario da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, fai saber que por resolución do 14 de febreiro de 2003, dictada na executoria 59/1995, causa 72/1993, dimanante do sumario 2/1993 do Xulgado de Instrucción número catro de Ferrol, seguido contra Josefa Balado Cordal, por delicto de homicidio, acordouse sacar a poxa a metade indivisa pertencente á dita penada, dos seguintes bens inmobles:

1. Predio:

Urbano: vivenda 3º dereita da casa nº 26 da rúa Hortelá, parroquia de Perlío, concello de Fene.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume, no tomo 442, libro 84 de Fene, folio 15, predio nº 8.801, inscrición 2ª.

Superficie útil: 60 m.

Cargas: libre.

Valor de taxación: 17.561,60 euros.

Dereitos de Josefa Balado Cordal (50% da taxación): 8.780,80 euros.

2. Predio:

Urbano: casa nº 24 da rúa Hortelá, sita na parroquia de Perlío, concello de Fene.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume, no tomo 438, libro 83 de Fene, folio 117, predio nº 8.728, inscrición 1ª.

Composto de planta baixa para garaxe e almacén e piso para vivenda, con terreo unido ás súas costas e esquerda co que forma un só predio de 153,60 m; desta extensión corresponden á casa 73 m.

Cargas: libre.

Valor de taxación: 46.439,24 euros.

Dereitos de Josefa Balado Cordal (50% da taxación): 23.219,62 euros.

3. Predio:

Rural: labradío de San Victorio, sito na parroquia de Franza, de 38 áreas e 36 centiáreas. Linda polo norte, camiño de serventía: sur, herdeiros de José Picos; leste, os anteriores, José Doce e María Plaza; e oeste, Soledad Vizoso. Ten a súa entrada polo sureste a través do predio dos herdeiros de José Picos.

Nela existe unha vivenda unifamiliar rehabilitada en 1976, que consta de planta baixa e alta, un alpendre que se utiliza como garaxe, outro que se utiliza como adega e un pendello. A superficie construída de cada planta é de 93,57 m e a superficie do acaroado en planta baixa é de 75,44 m.

Non consta inscrita no Rexistro da Propiedade.

Cargas: libre.

Valor de taxación: 129.566,4 euros.

Dereitos de Josefa Balado Cordal (50% da taxación): 64.783,20 euros.

A poxa terá lugar na Sala de Audiencia da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, r) Capitán Juan Varela s/n, o día trinta de abril de 2003, ás 10 horas, conforme as seguintes condicións:

Primeira.-Os predios serán poxados separadamente e pola orde na que aparecen no edicto.

Segunda.-As certificacións rexistrais ou titulacións dos predios están de manifesto na secretaría deste tribunal.

Terceira.-Polo simple feito de participar na poxa entenderase que os licitadores aceptan como suficiente a titulación que consta nos autos e que aceptan, así mesmo, subrogarse nas cargas ou gravames anteriores ó crédito polo que se executa, se os houber, no caso de que o remate se adxudique ó seu favor.

Cuarta.-Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán depositar previamente o 30% do valor de taxación do ben, na conta de depósitos e consignacións desta sección, nº 1543-0000-75-0002-93 de Banesto.

Quinta.-Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán identificarse de forma suficiente; declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa, e presenta-lo xustificante do depósito ó que se refire a condición anterior.

Sexta.-Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, poderán facer licitacións por escrito en sobre pechado e coas condicións anteriores.

A Coruña, 14 de febreiro de 2003.

O secretario

Rubricado