Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o persoal laboral do ente público Portos de Galicia.

Visto o texto do convenio colectivo para o persoal laboral do ente público Portos de Galicia (código

de convenio nº 8200742), que se subscribiu con data do 16 de decembro de 2002, entre a representación da empresa e os representantes dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral

ACORDA:

Primero.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

I Convenio colectivo de traballo para o persoal laboral do ente público Portos de Galicia 2002

Capítulo I

Ámbito de aplicación e vixencia

Artigo 1º.-Ámbito persoal, funcional e territorial.

Este convenio colectivo establece as normas reguladoras das relacións de traballo do persoal laboral que preste servicios no ente público Portos de Galicia, excepto para o persoal que teña asinado contrato de alta dirección, de acordo co establecido no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto.

Artigo 2º.-Vixencia e denuncia.

Este convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG, salvo as excepcións que expresamente se establezan, e terá un período de duración de dous anos (2002-2003), comezando a súa vixencia o 1 de xaneiro de 2002 e rematando o 31 de decembro de 2003; salvo aqueles conceptos para os que se estableza un período de vixencia diferente, prorrogándose automaticamente, a non ser que se produza denuncia escrita de calquera das partes dentro dos dous meses inmediatos anteriores á terminación da súa vixencia; en tal caso a comisión negociadora deberá reunirse dentro dos vinte días seguintes á denuncia.

Unha vez denunciado, permanecerá vixente o seu contido, ata que non sexa substituído por un novo convenio.

Os efectos económicos serán revisados, se é o caso, anualmente, de acordo co disposto na Lei de orzamentos para a Comunidade Autónoma de Galicia.

Capítulo II

Comisión de interpretación, vixilancia e seguimento

Artigo 3º.-Comisión paritaria.

1. Constitución e composición:

Dentro do mes seguinte á data da publicación no DOG deste convenio, constituirase unha comisión de interpretación, vixilancia e seguimento, composta paritariamente por 10 membros, 5 representantes da parte social que serán os delegados de persoal da zona norte (Lugo) e da zona sur (Pontevedra), 3 membros do comité de empresa da provincia da Coruña (zona centro e servicios centrais) e 5 representantes da parte empresarial correspondendo a presidencia a un dos membros da parte empresarial e a secretaría a un dos membros elixido dos representantes do persoal de Portos de Galicia.

A relación de membros que a compoñen deberá ser comunicada por escrito, dentro dos cinco días seguintes á publicación do convenio, ó secretario da comisión negociadora.

2. Reunións:

A comisión paritaria reunirase a petición da representación da empresa ou da maioría dos representantes dos traballadores ou, con carácter extraordinario, cando as circunstancias o requiran.

De tódalas actuacións da comisión paritaria redactarase acta que asinarán os seus compoñentes.

3. Adopción de acordos:

Os acordos adoptaranse por maioría entre ámbalas dúas representacións, dándolle publicidade nos taboleiros de anuncios dos centros e dependencias de Portos de Galicia. Para seren válidos, a comisión terá que estar composta por un mínimo de 6 membros, sempre con carácter paritario.

Os acordos así adoptados vinculan as partes asinantes nos mesmos termos que este convenio.

Cando existan discrepancias referidas á interpretación xurídica das materias contidas neste acordo, as partes poderán nomear de mutuo acordo un mediador que, unha vez aceptado o cargo, quedará obrigado a emitir dictame no prazo de 48 horas.

4. Funcións da comisión:

-A interpretación da totalidade do articulado ou cláusulas do convenio.

-Vixilancia do cumprimento do pactado.

A comisión paritaria, por solicitude dunha das partes, a través da súa presidencia, poderá solicitar toda clase de información relacionada coas cuestións da súa competencia, información que Portos de Galicia deberá facilitar.

5. Denunciado o convenio, e mentres non sexa substituído por outro, a comisión paritaria continuará exercendo as súas funcións respecto ó contido normativo do convenio.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 4º.-Organización do traballo.

Conforme a lexislación vixente, a organización do traballo é facultade exclusiva dos órganos de goberno e xestión de Portos de Galicia, podendo establecer sistemas de valoración, racionalización, mellora de métodos e procesos de simplificación do traballo, sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidos ós representantes legais dos traballadores.

Capítulo IV

Clasificación e mobilidade funcional

Artigo 5º.-Clasificación do persoal.

A clasificación do persoal xúntase como anexo a este documento nunha distribución de categorías por niveis salariais.

Artigo 6º.-Mobilidade funcional.

1. De conformidade co disposto no artigo 39 do Estatuto dos traballadores, a mobilidade funcional poderase efectuar sen outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional correspondente, ou categoría profesional equivalente.

2. A mobilidade funcional para realizar tarefas correspondentes a distinto grupo ou categoría profesional só será posible se existisen razóns técnicas e organizativas que a xustifiquen e polo tempo imprescindible para a súa atención.

No caso de encomenda de funcións inferiores, esta deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva. Portos de Galicia comunicaralles esta situación ós representantes dos traballadores.

A atribución de funcións superiores ás do grupo profesional ou ás das categorías equivalentes non poderá supera-los seis meses durante un ano ou oito durante dous anos. O traballador terá dereito á retribución correspondente por tódolos conceptos que se deriven das funcións que efectivamente se realicen, salvo nos casos de encomenda de funcións inferiores que manterán a retribución de orixe. A atribución de funcións de categoría superior será comunicada por escrito ó traballador.

O simple desempeño de funcións de superior categoría ou grupo profesional non consolidará o salario nin a titularidade do posto superior. O único procedemento válido para consolidar un posto superior é o de supera-lo correspondente proceso selectivo nos termos regulados no artigo 9 e seguintes deste convenio.

Capítulo V

Selección, contratación, período de proba

Artigo 7º.-Estabilidade no emprego.

De conformidade co principio xeral de estabilidade no emprego, os contratos de traballo sometidos ó presente convenio entenderanse celebrados por tempo indefinido, salvo as excepcións legalmente establecidas.

Artigo 8º.-Incompatibilidades.

Ó persoal laboral de Portos de Galicia aplicaráselle o réxime de incompatibilidades, de acordo coas normas estatais e autonómicas sobre a materia.

En concreto, deberase ter presente o cumprimento da dilixencia esixida no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas en relación co artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril.

A percepción dos complementos retributivos previstos no presente convenio quedará sometida ó réxime de incompatibilidades previstas na Lei 53/1984 e no Real decreto 598/1985.

Artigo 9º.-Selección de persoal laboral fixo.

1. A selección e contratación do persoal laboral fixo axustarase á normativa xeral sobre emprego vixente en cada momento e realizarase de acordo coas necesidades que hai que cubrir e con sistemas baseados en principios de igualdade, mérito e capacidade e mediante convocatoria pública.

Para ingresar en Portos de Galicia requirirase:

-Titulación e aptitude suficiente para o posto de traballo, de acordo coa regulación establecida nos niveis e postos de traballo e as titulacións mínimas esixibles (D.T. 3ª).

-Ter cumprido a idade que fixen as leis.

-Acredita-las condicións e preparación suficientes que se esixen para o desempeño do posto do que se trate, superando para o efecto as correspondentes probas.

2. A selección previa á contratación efectuarase mediante a celebración das correspondentes probas obxectivas nas que, con respecto ós citados principios se valorará, como criterio xeral, a aptitude profesional e méritos dos aspirantes.

A convocatoria pública efectuarase cunha antelación mínima dun mes respecto á data de celebración das probas.

3. As probas de selección poderán realizarse co auxilio de organismos competentes ou empresas especializadas, incorporando ós resultados das probas o expediente que haberá de xulga-la comisión de selección.

4. Nas convocatorias de ingreso establecerase unha reserva de prazas para persoas minusválidas e o seu

número será o que regulamentariamente se estableza para a Administración da Comunidade Autónoma e para aqueles postos de traballo que sexan compatibles coa súa minusvalidez.

5. Concluídas as probas selectivas, a comisión elevará unha proposta ó órgano convocante, sen que poidan declararse como aprobados un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.

A puntuación obtida por cada aspirante farase pública ó finaliza-las probas.

Aboaranse as indemnizacións ou compensacións por asistencia a tribunais e comisións de selección, segundo o regulado na Resolución do 17 de xullo de 2001, sobre indemnizacións por razón do servicio ó persoal do ente público Portos de Galicia e posteriores modificacións.

Artigo 10º.-Convocatorias.

1. Será competente para realiza-las convocatorias de acceso á condición de persoal laboral fixo o presidente de Portos de Galicia.

2. Nas convocatorias incluiranse os seguintes extremos:

-Número de vacantes ofertadas por categorías e requisitos que, para participar no proceso selectivo, deben reuni-los aspirantes.

-Sistema de selección, forma de desenvolvemento das probas e valoración destas.

-Composición da comisión cualificadora.

-Prazo para presentación de instancias.

Artigo 11º.-Órganos de selección.

A selección do persoal do ente público Portos de Galicia será efectuada por unha comisión de selección designada para o efecto.

As comisións estarán integradas por un número non superior a cinco membros, catro designados polo presidente de Portos de Galicia e un polos representantes dos traballadores, respectándose en todo caso a autonomía da representación dos traballadores para a designación dos seus integrantes, debendo garda-lo sixilo profesional a que fai referencia o artigo 65 do ET.

Artigo 12º.-Contratación.

1. Publicada a lista de aspirantes seleccionados, estes dispoñerán dun prazo de quince días para presentar en Portos de Galicia a documentación acreditativa de que cumpren os requisitos esixidos na convocatoria.

Os que no citado prazo non presenten a documentación esixida, salvo forza maior apreciada pola comisión de selección, perderán a posibilidade de adquiri-la condición de persoal laboral fixo, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que poderían incorrer por falsidade na súa instancia.

2. Presentada a documentación requirida, o presidente de Portos de Galicia procederá á súa contratación como persoal laboral fixo de Portos de Galicia. Ata que se formalicen os contratos e se produza a incorporación, os aspirantes non terán dereito a ningunha percepción económica.

Os modelos de contratos axustaranse á lexislación vixente.

Artigo 13º.-Período de proba.

O período de proba regularase de acordo co establecido no artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 14º.-Selección e contratación de persoal laboral non fixo.

Os postos de traballo vacantes que non se provexan polos sistemas regulados nos artigos 9º a 13º deste convenio e se considere necesaria a súa provisión, poderán cubrirse mediante a contratación de persoal laboral temporal segundo o establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

Capítulo VI

Provisión de vacantes

Artigo 15º.-Provisión definitiva.

1. O cadro de persoal laboral fixo de Portos de Galicia está composto polos empregados vinculados por relación laboral común, de carácter indefinido.

2. A presidencia acordará, oídos os representantes legais dos traballadores, a provisión ou a amortización das vacantes que se poidan producir no cadro de persoal, de acordo co aprobado polo Consello de Administración de Portos de Galicia.

3. O presidente deste ente público procederá á provisión de vacantes do cadro de persoal fixo de empregados incluídos no ámbito deste convenio, tendo en conta, para cubri-las vacantes existentes, a seguinte orde de preferencia:

-Os excedentes da mesma categoría en expectativa de reingreso.

-Os empregados do cadro de persoal fixo, por razón de promoción interna.

-Os empregados de nova incorporación.

4. Libre designación.

Proveranse por este sistema aqueles postos de traballo que, en atención á súa natureza, así se determine na correspondente relación de postos de traballo. A elección do traballador faraa o presidente de Portos de Galicia entre os empregados deste ente público que reúnan os requisitos que se esixa na correspondente relación de postos de traballo.

Da comunicación do nomeamento darase traslado inmediato ós representantes legais dos traballadores, especificando as causas que o motivaron.

O persoal que sexa destinado a un posto de libre designación poderá ser cesado con carácter discrecional. Neste caso, quedará á disposición do presidente de Portos de Galicia, que lle encomendará o desempeño dun posto correspondente á súa categoría profesional.

5. Promoción interna.

Ofertarase, para o acceso por promoción interna un mínimo do 50% das prazas que se convoquen.

A provisión destas vacantes procederá entre os empregados fixos do cadro de persoal en activo que así o soliciten, que conten cunha antigüidade mínima de 2 anos no ente público, e que non teñan impedimento físico ou psíquico para o desenvolvemento das funcións propias dos postos de traballo ofertados. Os interesados deberán pertencer a unha categoría integrada no nivel inmediatamente superior ou inferior ó que se pretende acceder, para o suposto de promoción interna vertical, ou do mesmo nivel para a promoción interna horizontal. Ademais, deberán reuni-los demais requisitos que, con carácter xeral, se fixen na correspondente convocatoria.

As vacantes non cubertas por promoción interna acumularanse ás prazas convocadas de acceso libre.

6. Incorporación de novos empregados de carácter fixo.

Esta incorporación producirase mediante convocatoria efectuada para o efecto, tendo acceso calquera persoa que reúna os requisitos esixidos.

Capítulo VII

Xornada, horario de traballo, descansos e festivos

Artigo 16º.-Xornada e horarios.

Como regra xeral, a xornada de presencia e traballo efectivo será de 37 horas e 30 minutos semanais, de luns a venres, en tódolos centros de traballo de Portos de Galicia, en réxime de xornada continuada de mañá ou tarde, excepto naqueles postos nos que, pola natureza das súas funcións e a criterio da empresa, se faga necesario o establecemento doutra xornada. A xornada máxima anual será de 1.665 horas. Non teñen natureza de horas extraordinarias aquelas que, excedendo de 37 horas e 30 minutos semanais, non excedan das 1.665 horas anuais.

Para os traballadores que realicen a súa actividade en centros ou lugares de traballo non fixos ou itinerantes o cómputo da xornada normal de traballo comezará a partir do lugar de reunión establecido ou centro de control, tanto na entrada como na saída do traballo.

Para aqueles postos de traballo nos que se fixe a xornada partida, o intervalo de tempo entre ámbalas dúas xornadas, non poderá ser superior ás dúas horas.

Tódolos traballadores con xornada continuada afectados por este convenio terán dereito a unha

pausa retribuída de 20 minutos durante a xornada de traballo.

Artigo 17º.-Traballos a quendas.

Poderase establecer para aqueles postos de traballo que, por criterio da empresa, sexa necesario, logo de consulta ós representantes legais dos traballadores.

Artigo 18º.-Descansos e festivos.

1. Descanso semanal.

Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal de dous días ininterrompidos que, como regra xeral, serán o sábado e o domingo. En todo caso, e sen prexuízo da xornada semanal pactada, terase dereito a desfrutar, en semanas alternas, do descanso semanal en domingo e día laboral anterior.

O desfrute do descanso semanal é obrigatorio e non acumulable, excepto naqueles casos que, por petición do interesado, e por causa xustificada, se autorice a súa acumulación.

2. Domingos e festivos.

Un domingo ou festivo de traballo inhabilita, como regra xeral, a traballa-lo festivo ou domingo seguinte, excepto que por necesidades do servicio así se xustifique.

Para os servicios que, con carácter ordinario, teñan que prestarse necesariamente en domingos e festivos, establecerase un descanso adicional do 75% do tempo de prestación. Este descanso adicional será pactado de mutuo acordo entre as partes.

3. Todo o persoal vinculado a este convenio colectivo terá como descanso os días 24 e 31 de decembro. Se por necesidades do servicio non se puideran desfrutar eses días, facilitaráselles un descanso equivalente no mes de xaneiro seguinte, cunha compensación adicional igual á que teñen os domingos e festivos.

Capítulo VIII

Vacacións e permisos

Artigo 19º.-Vacacións.

1. As vacacións anuais retribuídas terán unha duración igual á do mes natural no que se desfruten; desfrutándose de forma obrigatoria durante o ano natural, de acordo coa planificación que se efectúe por parte da dirección de cada centro. O persoal que ingrese ou sexa baixa no ano natural que corresponda, terá dereito a desfrutar da parte proporcional de vacacións correspondentes, a razón de dous días e medio por mes ou fracción de mes traballado.

2. O calendario de vacacións ultimarase antes do 30 de marzo de cada ano, logo de consulta ós representantes legais dos traballadores, debéndose efectua-las solicitudes antes do último día do mes de febreiro. As modificacións posteriores poderán pactarse entre a dirección e o traballador.

A empresa comunicaralle a cada traballador o período de desfrute das súas vacacións cunha antelación de 2 meses.

As vacacións anuais desfrutaranse preferentemente no período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro. Os traballadores poderán solicita-las vacacións fraccionadas en dous períodos, comezando sempre, como norma xeral, os días 1 ou 16 de cada mes ou por semanas. Cando a conveniencia do servicio aconselle o peche do centro, o desfrute das vacacións axustarase a este período.

Se ben, por petición do interesado, o indicado no parágrafo anterior constitúe a norma xeral, Portos de Galicia poderá autoriza-lo desfrute dunha semana, quincena ou dun mes fóra dos meses de entre xuño e setembro.

Cando por necesidade do servicio o persoal teña que desfrutar obrigatoriamente as súas vacacións fóra do período establecido, as vacacións serán de 25 días laborables.

En tódalas situacións de ILT ou baixa maternal que coincidan coas datas nas que se deberán desfruta-las vacacións, o desfrute pospoñerase ás datas posteriores á situación de alta, a non ser que o período de baixa se iniciase con posterioridade ó principio do desfrute das vacacións e que este non se estenda máis alá do trinta e un de decembro do ano en curso.

Unha vez iniciadas as vacacións se se tivesen que interromper por necesidades do servicio, ademais do aboamento de gastos correspondentes, terase dereito ó desfrute de dous días por cada día traballado. En caso de que o traballo se estenda por necesidades do servicio máis de 3 días, fixarase de novo o período das vacacións.

Artigo 20º.-Permisos retribuídos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, terá dereito a desfrutar, desde o feito causante, de permisos retribuídos por algunha das causas e tempo seguinte:

a) Por casamento, o persoal de Portos de Galicia terá dereito a unha licencia de quince días naturais ininterrompidos.

b) Polo nacemento ou adopción dun fillo e pola morte, accidente, enfermidade grave ou intervención cirúrxica do cónxuxe ou persoa que se atope ligada de forma permanente por análoga relación de afectividade co beneficiario, ou dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, dous días cando o suceso se produza na mesma localidade e catro días cando sexa en localidade distinta.

c) Un día por cambio de domicilio habitual dentro dunha mesma localidade e dous días en distinta localidade.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal, que non dea lugar a ningunha retribución ou indemnización, esixencia que deberá acreditarse documentalmente e sen que poida superarse, por este concepto, a quinta parte das horas laborables en cómputo trimestral. No suposto de que o traballador perciba retribución ou indemnización polo

cumprimento do deber ou desempeño do cargo, descontarase o seu importe do salario a que tiver dereito.

e) Por lactación dun fillo menor de nove meses, as traballadoras terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións ou substituír por unha reducción da xornada normal en media hora, ó inicio e final desta. Este dereito poderá ser exercido indistintamente polo pai ou a nai, resultando igualmente aplicable ós supostos de adopción ou acollida de menores de nove meses.

f) Nos casos de nacemento de fillos prematuros ou que, por calquera causa, deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a nai ou o pai terán dereito a ausentarse do traballo durante unha hora.

g) Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude ou avaliación en centros oficiais, durante o tempo necesario para concorrer ás probas.

h) Os representantes legais dos traballadores, para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal, dispoñerán do tempo que se determine no presente convenio colectivo ou, en todo caso, o que se determine legalmente.

i) Ata nove días cada ano natural, por asuntos particulares sen xustificar non incluídos nos puntos anteriores, logo de autorización da dirección do centro e respectando sempre as necesidades do servicio. Este permiso poderá desfrutarse ata o día 15 de xaneiro do seguinte ano natural, non podéndose acumular ós correspondentes dese ano. Tales días non poderán acumularse ás vacacións anuais.

Artigo 21º.-Licencias con soldo parcial e sen soldo.

1. Licencias con soldo parcial:

a) Quen, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos, unha persoa de avanzada idade ou a un diminuído físico ou psíquico, sendo familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que non desempeñen ningunha outra actividade retribuída ou que non perciban ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional, terá dereito a unha reducción da xornada total ordinaria dun máximo de tres horas, sufrindo como mingua salarial o importe proporcional ó tempo de reducción. A solicitude deste permiso efectuarase con quince días de antelación ó seu desfrute.

b) Nos casos de nacemento de fillos prematuros ou que, por calquera causa, deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a nai ou o pai terán dereito a reduci-la súa xornada de traballo ata un máximo de dúas horas coa conseguinte diminución proporcional do seu salario.

2. Licencias sen soldo:

Os traballadores fixos que leven como mínimo un ano de servicio poderán pedir licencias sen soldo, por un prazo non inferior a trinta días e non superior a seis meses, nun intervalo de tempo de dous anos.

O traballador solicitará a licencia con, polo menos, trinta días de antelación á data do inicio do desfrute; Portos de Galicia contestará antes dos quince últimos días anteriores á data do inicio da licencia e, de non facelo, entenderase rexeitado o permiso.

Artigo 22º.-Licencias especiais e condicións de traballo nos supostos de maternidade e paternidade.

A traballadora xestante terá dereito a ocupar, durante o embarazo, un posto de traballo e/ou xornada distintos dos seus, sempre que exista tal posto e xornada alternativos e sempre que, segundo prescrición dun facultativo do sistema da sanidade pública, o seu posto ou xornada resulten nocivos para a súa saúde ou para a do feto. Este cambio de posto de traballo non supoñerá modificación da súa categoría, nin mingua dos seus dereitos económicos.

Finalizada a causa que motivou o cambio de posto de traballo, procederase á reincorporación ó seu destino orixinal.

A traballadora embarazada terá dereito a escolle-la data das súas vacacións regulamentarias.

No non previsto neste artigo, rexerá o regulado na Lei de conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras e na Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 23º.-Suspensión do contrato de traballo.

A suspensión do contrato de traballo regularase segundo o establecido nos artigos 45 e seguintes do Estatuto dos traballadores.

Capítulo IX

Excedencias

Artigo 24º.-Excedencias.

Os traballadores fixos que estean en situación de calquera destas excedencias voluntarias, non terán dereito a percepción de salario, retribución, nin ningunha outra clase de prestación ou concepto avaliable economicamente, con cargo ó ente público Portos de Galicia.

a) Excedencias voluntarias.

1. Para o coidado de fillos de ata tres anos de idade.

Causas: tódolos traballadores fixos teñen dereito á excedencia por fillos menores de ata tres anos, sexa por natureza, adopción ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo.

Efectos: durante o tempo de permanencia en excedencia voluntaria para o coidado de fillos menores de ata tres anos, o traballador ten dereito á reserva do seu posto de traballo, computando tal período para efectos de antigüidade.

Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

Os fillos sucesivos darán lugar a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñerá fin ó que se viñese desfrutando.

O traballador poderá solicita-la incorporación inmediata ó seu posto de traballo por motivos persoais acreditados, sen necesidade de que esgote o período de excedencia.

Duración: o tempo máximo de excedencia é de tres anos, computándose dende a data de nacemento do fillo. Nos casos de adopción ou de acollemento, computarase desde a data da resolución xudicial ou administrativa correspondente.

2. Para o coidado de familiares.

Causas: tódolos traballadores fixos terán dereito a unha excedencia para atende-lo coidado dun familiar ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade grave, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

Efectos: durante o período desta excedencia, o traballador ten dereito á reserva do seu posto de traballo e o tempo de permanencia nesta computarase para efectos de antigüidade.

Esta excedencia é un dereito individual dos traballadores; se máis dun traballador tivese dereito a esta excedencia polo mesmo suxeito causante, Portos de Galicia limitará este dereito a un deles.

Duración: o período máximo da excedencia para o coidado de familiares é dun ano.

3. Por interese particular.

Causas: os traballadores fixos, que leven dous anos de servicios prestados en Portos de Galicia, poderán solicita-la excedencia voluntaria por interese particular. Este dereito soamente poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador unha vez transcorridos catro anos desde o final da anterior excedencia.

A solicitude farase por escrito ó presidente de Portos de Galicia, polo menos corenta e cinco días antes do seu inicio. O acordo adoptado por Portos de Galicia emitirase por escrito no prazo de quince días.

Efectos: durante o período desta excedencia ó traballador computaráselle, para efectos de antigüidade, o tempo de permanencia en tal situación.

Non terá dereito á excedencia voluntaria por interese particular, o traballador sometido a expediente disciplinario, durante a súa tramitación e ata o efectivo cumprimento da sanción imposta.

O traballador que solicite o seu reingreso tras unha situación de excedencia voluntaria por interese particular, terá dereito a ocupa-la primeira vacante que se produza no seu grupo e categoría, excepto no caso de que concorra un excedente forzoso, que terá preferencia.

Se a vacante fose de inferior categoría á súa, poderá optar a ela, percibindo as retribucións correspondentes á súa categoría, en espera de que xurda a correspondente á súa categoría.

Duración: mínimo dous anos continuados e máximo cinco anos.

4. Excedencia voluntaria por incompatibilidade.

Procederá declarar, de oficio ou por instancia de parte, en situación de excedencia voluntaria o persoal suxeito a este convenio cando estea en situación de servicio activo noutro corpo ou escala de calquera das administracións públicas, a non ser que obtivese a oportuna compatibilidade, ou pasen a prestar servicios en organismos ou entidades de sector público e non lles corresponda quedar noutra situación.

b) Excedencias forzosas:

-Por designación ou elección de cargo público ou sindical.

Causas: quedará nesta situación o persoal fixo de Portos de Galicia que sexa designado ou elixido para un cargo público ou un cargo sindical electivo provincial ou superior, que imposibilite a asistencia ó traballo.

Efectos: mentres dure esta situación o traballador terá dereito á reserva do posto de traballo e computaráselle este tempo para efectos de antigüidade.

O reingreso deberá solicitalo no prazo máximo de trinta días naturais desde o cesamento no cargo, tendo carácter inmediato.

Duración: mentres existan as causas que motivaron esta excedencia.

Capítulo X

Condicións económicas

Artigo 25º.-Estructura do salario.

A estructura salarial, composta polo salario base e os complementos salariais, fixarase segundo o disposto neste convenio colectivo. As retribucións por períodos anuais para cada posto de traballo son as reflectidas no anexo I.

a) Salario base:

É a parte da retribución do traballador fixada por unidade de tempo ou de obra.

b) Complementos salariais:

1. Antigüidade.

Establécese un complemento persoal de antigüidade para tódalas categorías, consistente en trienios do 5 por cento do salario base, aboables en 14 pagas anuais.

O ente público Portos de Galicia recoñece este concepto nos termos que, ata a data, se viñan aplicando. Sen embargo, os sucesivos e posteriores períodos de antigüidade do persoal suxeito a este convenio devengaranse en trienios do 5 por cento do salario base.

O trienio cumprido terá efectos económicos desde o primeiro día do mes seguinte a aquel no que se perfeccione, excepto se se cumpre na primeira quincena do mes, xa que neste caso os seus efectos eco

nómicos serían desde o primeiro día do mes de cumprimento.

Para o cómputo de trienios, estimaranse os servicios prestados en período de proba. Así mesmo, recoñeceranse os servicios prestados en calquera Administración pública con anterioridade á adquisición da condición de persoal laboral fixo ó servicio de Portos de Galicia.

2. Pagas extraordinarias: (complemento de vencemento periódico superior ó mes).

O persoal suxeito ó presente convenio percibirá dúas pagas extraordinarias anuais, unha con efectos a día 30 de xuño e outra a día 31 de decembro, que se devengarán o día 20 dos devanditos meses. Estas pagas devengaranse proporcionalmente ó tempo traballado durante o ano e ó persoal que non lle correspondera cobrar unha paga completa, percibirá a sexta parte dela multiplicada polo número de meses ou fracción desde o último semestre natural.

A contía de cada unha das pagas será igual a unha mensualidade do salario base máis complemento de posto máis antigüidade.

3. Complemento por posto:

Complemento salarial que, na contía que figura para cada posto de traballo no anexo deste convenio, retribúe a calidade e cantidade de traballo e que vén establecido con carácter específico por posto de traballo.

O aboamento deste complemento farase en 14 pagas anuais e só terán dereito á súa percepción aqueles traballadores que efectivamente desempeñen o posto de traballo que o teña asignado. Este complemento, de carácter funcional, depende do desenvolvemento efectivo do posto de traballo e non será consolidable.

4. Complemento de dispoñibilidade horaria:

Aboarase de acordo co anexo en 12 pagas anuais.

Aplicable á categoría de conductor-conserxe do Departamento de Servicios Xerais, xefes celadores-gardapeiraos e administrativo IV da Área de Explotación e Planificación, xa que estes postos de traballo se caracterizan pola dispoñibilidade habitual do traballador motivada, ben pola existencia de constantes alteracións de horarios de traballo, ou ben polo seu deber de estar localizable telefonicamente.

No referente á dispoñibilidade horaria dos conductores, esta queda definida como o tempo de presencia do conductor por razóns de espera, expectativas, servicios de garda, viaxes sen servicio, avarías, comidas en ruta e outras similares, nas que o conductor, aínda que non preste traballo efectivo, se atopa á disposición de Portos de Galicia.

Á dispoñibilidade horaria só dará dereito ó percibimento dun complemento especial e ó cobramento

de indemnización por razón do servicio, conforme o regulado pola normativa de aplicación, non podéndose percibir ningunha retribución por horas extraordinarias, no caso de percibirse o complemento de dispoñibilidade horaria.

A dispoñibilidade horaria non se computa dentro da xornada, nin como límite para os efectos das horas extraordinarias.

A estes traballadores, para os efectos do tempo de traballo efectivo, seralles de aplicación a xornada laboral de traballo.

A percepción da dispoñibilidade horaria só será posible cando figure expresamente recoñecida para o posto do que se trate.

5. Prolongación da xornada:

Os postos de traballo de xefes de gardapeiraos e administrativo IV contarán cun complemento de prolongación de xornada para retribuí-la realización dun traballo máis extenso ou dilatado no tempo que o que habitualmente lle correspondería. Aboarase de acordo co anexo, en 12 pagas anuais.

6. Horas extraordinarias:

Teñen tal consideración as horas de traballo que se realicen sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo pactada neste convenio e teñan un carácter excepcional. En ningún caso poderán ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo, non orixinando dereitos individuais en períodos sucesivos.

Establécense os seguintes tipos de horas extraordinarias:

a) De realización obrigatoria.

Supostos de prevención e reparación de sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes.

Aboaranse incrementando o valor salario/hora ordinario nun 75% de luns a venres ou nun 125% do valor do salario/hora ordinario, cando se efectúen en sábados, domingos ou festivos.

b) De libre aceptación.

Terán esta consideración as horas extraordinarias esixidas por períodos punta, tráficos imprevistos ou outra circunstancia de carácter estructural, derivada da natureza da actividade. As horas extraordinarias compensaranse, á elección do traballador, ou ben cunha retribución económica cando se realicen en sábado, domingo ou festivo, incrementando nun 100% o salario/hora ordinario, ou ben con dúas horas e quince minutos por hora extraordinaria realizada.

As horas extraordinarias realizadas en día laborable compensaranse, á elección do traballador, mediante descanso, na proporción dunha hora e corenta e cinco minutos de descanso por cada hora extraordinaria realizada, ou ben aboándose cun incremento do valor do salario/hora ordinario nun 75%.

Deberanse acumular estes tempos de descanso ata constituír xornadas completas, que nunca se poderán sumar ós períodos de vacacións e permisos ordinarios pactados no calendario laboral, debendo ser desfrutadas dentro dos catro meses seguintes á súa realización, se as necesidades do servicio non o impiden.

Tenderanse a reducir ó mínimo imprescindible as horas extraordinarias que non se deban a imprevistos ou teñan carácter excepcional. A realización de horas extraordinarias restrinxirase a aquelas actuacións que, sen poder cubrirse na xornada ordinaria de traballo, sexan absolutamente ineludibles para o bo funcionamento dos distintos servicios.

A realización das horas extraordinarias requirirá a autorización previa por parte da dirección de Portos de Galicia; autorización que se fará en modelo normalizado e que será facilitado en man ou por fax a través das respectivas xefaturas.

A súa realización será xustificada mediante o correspondente parte de traballo asinado polo xefe correspondente. Esta documentación remitirase directamente ou mediante fax á dirección de Portos de Galicia ó día seguinte da súa realización.

As horas realizadas por cada traballador rexistraranse día a día e totalizaranse mensualmente, entregando copia do resumo ó traballador e ós seus representantes legais. O traballador remitiralle á dirección do ente público, a través da xefatura, copia do resumo unha vez asinado o recibín polo interesado.

Artigo 26º.-Axudas de custo.

Aboaranse e regularanse de acordo co establecido na Resolución do 17 de xullo de 2001, sobre indemnización por razón do servicio ó persoal do ente público Portos de Galicia e posteriores modificacións.

Capítulo XI

Réxime asistencial

Artigo 27º.-Incapacidade temporal.

No caso de baixa por incapacidade temporal, Portos de Galicia incrementará o subsidio económico da Seguridade Social ata alcanzar unha contía igual á base de cotización do traballador do mes anterior á baixa.

Sen prexuízo do anterior o réxime será o seguinte:

1. Ausencias dun día:

O persoal afectado comunicaralle a súa ausencia á Unidade de Persoal, órgano ou persoa responsable, preferentemente dentro da primeira hora da xornada, salvo imposibilidade acreditada. De non producirse a comunicación e xustificación pertinente, sufrirá o desconto proporcional de haberes ó día faltado.

2. Ausencias de dous ou tres días:

Nestes casos, deberase presenta-lo parte médico no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da súa expedición.

No caso contrario, procederase ó desconto proporcional de haberes.

3. Ausencias superiores a tres días por accidente de traballo, enfermidade profesional, maternidade, enfermidade común ou accidente non laboral:

Nestes casos o traballador percibirá o 100% do seu salario ordinario dende o primeiro día de baixa ata o termo da incapacidade temporal, sempre e cando se cumpran os requisitos esixidos pola Orde ministerial do 19 de xuño de 1997, modificada pola Orde do 18 de setembro de 1998.

En calquera destes tres casos, Portos de Galicia poderá practica-las inspeccións médicas oportunas, de conformidade co disposto no artigo 20 do Estatuto dos traballadores.

Capítulo XII

Beneficios sociais

Artigo 28º.-Formación profesional.

1. Principios xerais:

Co obxecto de favorece-la profesionalización e mellora das capacidades e aptitudes dos traballadores, en relación directa coas necesidades organizativas, de prestación dos servicios e a súa calidade e, en definitiva, do obxecto social de Portos de Galicia, as partes asinantes deste convenio acordan:

a) Promove-lo desenvolvemento persoal e profesional dos traballadores mediante, entre outros, a formación.

b) Colaborar para que, ademais, a formación contribúa ó incremento da eficacia e eficiencia, tanto económica como funcional para a mellora da competitividade de Portos de Galicia.

c) Que a formación sexa unha das ferramentas fundamentais para a adaptación ós cambios que se poidan producir, motivados tanto pola innovación tecnolóxica como polas novas formas de organización do traballo.

d) Que a formación profesional sexa unha actividade que se desenvolva de maneira continua en Portos de Galicia, cos criterios e mellor programación e execución posible para propicia-lo desenvolvemento e a innovación nas actividades propias daquela.

2. Criterios:

A vista da transcendencia do anterior, e dentro das posibilidades e necesidades organizativas e económicas de Portos de Galicia, a política de formación no ente público será levada a efecto baixo os seguintes criterios:

a) Profesionalidade e desenvolvemento dos recursos humanos, intentando dar satisfacción ás necesidades de formación profesional ou reciclaxe dos traballadores para o seu acceso a cualificacións superiores.

b) A maior xeneralización posible da acción formativa a prol da súa proxección ó persoal de tódolos niveis.

c) Corresponsabilización da dirección, os traballadores e os seus representantes legais, no entendemento de que a formación é en interese de todos e require da súa participación, así como no seu dobre compoñente de dereito e de deber.

d) Coherencia e conexión no deseño das accións coas necesidades funcionais dos postos e a cualificación necesaria para o desempeño dos postos de traballo.

e) Valoración da formación como factor estratéxico para a competitividade de Portos de Galicia, así como constituír un aspecto fundamental da flexibilidade interna da organización que posibilite a adaptabilidade dos recursos humanos ós procesos productivos ou de servicio, contribuíndo á operatividade da mobilidade funcional.

3. Tempo de formación:

Cada traballador terá polo menos dereito a participar nas accións formativas cunha duración lectiva efectiva (unitaria ou por agregación de varias accións) de 35 horas cada tres anos. O citado tempo mínimo de cada traballador será destinado a accións de interese para o desenvolvemento profesional encomendado, ou o que puidese facerse, ó posto ocupado por aquel, sen prexuízo doutras accións tendentes a configura-lo seu proxecto de carreira profesional en Portos de Galicia.

4. Financiamento:

As accións formativas serán financiadas con cargo ós recursos económicos de Portos de Galicia, sen prexuízo da solicitude e xestión de subvencións ou axudas, totais ou parciais, que, como as que concede a Fundación para a Formación Continua (Forcem), poida obter Portos de Galicia. Neste punto, as partes comprométense á colaboración necesaria para a obtención das ditas axudas, nos termos que a súa propia regulación prevexa.

5. Participación:

En virtude deste convenio colectivo crearase unha comisión paritaria para o deseño e xestión da formación e estará composta por dous representantes de Portos de Galicia e dous representantes legais dos traballadores. As competencias da comisión serán:

-Estudiar e resolve-las discrepancias que puidesen xurdir en relación coas accións e propostas formativas que efectuará Portos de Galicia.

-Velar pola execución efectiva das accións formativas que se deseñen.

-Estudiar e propoñerlle á dirección a resolución de solicitudes de permiso individuais de formación, de acordo co establecido no acordo nacional de formación continua.

-Propoñer a estudio novas propostas sobre accións de formación.

Artigo 29º.-Política de axuda a diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais.

Todo traballador que teña baixo a súa dependencia directa e legal, vivindo ás súas expensas, cónxuxe, fillos ou ascendentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que sexan diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais recoñecidos como tales polos órganos competentes na materia e os seus ingresos non superen o salario mínimo interprofesional no cómputo anual, percibirá unha axuda de 108,18 A mensuais.

Artigo 30º.-Orientación sobre planificación familiar e recoñecementos médicos.

Portos de Galicia realizará os seguintes recoñecementos médicos, que consistirán nunha exploración completa e calquera outra que estime necesaria o facultativo médico, ou sexa conveniente en razón do posto de traballo que desempeñe o traballador:

-Unha vez ó ano, a todo o persoal.

-Periódicos ou específicos, ó persoal que pola súa actividade se considere necesario.

-Ó persoal de novo ingreso, ó incorporarse ó posto de traballo.

-Revisión xinecolóxica voluntaria.

Con carácter xeral Portos de Galicia facilitará o acceso dos traballadores ós seguintes servicios:

-Planificación familiar.

-Consello xenético.

-Consello prenatal.

Esta función será realizada polos servicios médicos que Portos de Galicia teña concertados.

Artigo 31º.-Anticipos.

O persoal en activo con máis dun ano de antigüidade no ente terá dereito a solicitar, dentro das previsións orzamentarias, anticipos por importe de ata dúas mensualidades dos seus haberes líquidos, que devolverá no prazo máximo de 24 meses, sen ningún interese.

En ningún caso se concederá un novo anticipo ó traballador que, desfrutando dun anterior, non teña reintegrado a súa totalidade. Sen embargo, será posible a súa cancelación anticipada co obxecto de poder optar a un novo anticipo. As solicitudes por escrito irán dirixidas á dirección do ente.

O reintegro do anticipo efectuarase nas nóminas mensuais, na contía que resulte aprobada.

Artigo 32º.-Fondo social.

Portos de Galicia constituirá un fondo económico, que terá por obxecto o financiamento doutro tipo de atencións sociais non recollidas neste convenio

e que como axudas básicas incluirá as que se relacionan de seguido:

-Axuda por fillos menores.

-Axuda de estudios de fillos.

-Estudios do traballador.

-Axuda para adquisición de vivenda.

Á comisión paritaria corresponderalle a distribución do fondo, así como propoñe-lo destino do remanente que, se é o caso, resulte da distribución do fondo.

Artigo 33º.-Indemnización por invalidez e morte por accidente de traballo ou enfermidade profesional.

Ámbalas dúas partes acordan que se xestione unha póliza de seguro que ampare a invalidez ou a morte do traballador, por accidente de traballo e enfermidade profesional, percibindo os seus beneficiarios unha cantidade non inferior a 33.656,68 A.

Artigo 34º.-Xubilación e fomento do emprego.

1. Modalidades de xubilación.

a) Xubilación forzosa.

Co fin de contribuír á realización dunha política de promoción do emprego, a xubilación para o persoal laboral fixo de Portos de Galicia terá carácter forzoso ó cumpri-lo traballador 65 anos de idade.

Aqueles traballadores, que ó chegar á devandita idade non teñan cumprido un período mínimo de cotización a Seguridade Social para causar dereito á referida prestación, poderán continuar prestando servicios ata cumpri-lo citado período de cotización, momento no que se causará baixa de forma inmediata.

b) Xubilación especial.

De conformidade co Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo (BOE do 20 de xullo), no caso de que os traballadores con 64 anos se queiran acoller á xubilación co 100 por 100 dos dereitos, Portos de Galicia substituirá o que se xubile deste modo por calquera traballador que se atope inscrito como desempregado na correspondente oficina de emprego e nas listas que, se é o caso, se elaboren, mediante un contrato da mesma natureza que o do extinguido.

No caso de que se decida a contratación con carácter indefinido, deberá levarse a cabo de conformidade co regulado no capítulo V deste convenio.

c) Xubilación voluntaria.

O persoal laboral poderá xubilarse voluntariamente, de acordo cos requisitos establecidos no réxime da Seguridade Social ó que pertenza.

2. Gratificación por xubilación.

No momento da xubilación, o persoal laboral suxeito a este convenio percibirá unha gratificación con

sistente en tres mensualidades das retribucións ordinarias.

Artigo 35º.-Complemento das pensións de viuvez e orfandade.

A morte do traballador que prestase os seus servicios en Portos de Galicia no momento do seu falecemento ou que se atopase nalgún dos supostos de suspensión do contrato de traballo previstos no artigo 45 do ET e posúa o período de carencia esixido polas disposicións vixentes, poderá dar lugar ó recoñecemento dos seguintes complementos:

1. Complemento de garantía do salario real.

Serán beneficiarios deste complemento os viúvos ou persoa que se atope ligada de forma permanente por análoga relación de afectividade co causante, con fillos a cargo menores de 21 anos de idade, ou a que fixe a normativa vixente da Seguridade Social, ou orfos absolutos, sempre que non teñan ingresos, de calquera tipo, superiores ó salario mínimo interprofesional vixente en cada momento.

A contía será igual á diferencia entre o salario bruto, percibido como media nos doce meses anteriores ó feito causante, e a suma das pensións de viuvez e/ou orfandade xeradas polo traballador a consecuencia do seu falecemento.

Este complemento será fixo no tempo ata o momento da súa extinción, que terá lugar como consecuencia das seguintes causas:

-Cumprimento da maioría de idade dos fillos ó seu cargo ou a idade que fixe a normativa específica da Seguridade Social.

-Percepción, polo viúvo e fillos a cargo, de ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional vixente en cada momento.

-Extinción das pensións de viuvez e orfandade contempladas na lexislación da Seguridade Social.

2. Complemento de garantía do salario mínimo interprofesional.

Nas situacións non previstas no punto anterior garantirase en todo caso un complemento sobre a pensión que asigne a Seguridade Social que iguale en cada momento o salario mínimo interprofesional.

A concesión destes complementos terá efectos desde a data de recoñecemento das pensións pola Seguridade Social.

O beneficiario estará obrigado a comunicar calquera cambio nas circunstancias familiares económicas que incida nos devanditos complementos.

Capítulo XIII

Seguridade e saúde laboral

Artigo 36º.-Seguridade e saúde laboral.

En materia de seguridade e saúde laboral aplicarase o disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro,

de prevención de riscos laborais, e demais disposicións legais e regulamentarias que resulten de aplicación.

Artigo 37º.-Roupa de traballo.

Portos de Galicia, logo de memoria xustificativa dos centros de traballo, facilitará roupa de traballo e calzado profesional homologados e de uso obrigatorio ó persoal ó seu servicio cando a natureza do traballo o requira. Corresponde a Portos de Galicia arbitra-lo sistema de subministración do material que, en ningún caso, poderá supoñer unha adquisición directa polo persoal.

A cantidade, a clase de roupa e a data de entrega, tanto para a roupa de verán, como para a roupa de inverno, realizarase coa participación dos representantes dos traballadores antes de cada tempada, sendo competencia do comité de seguridade e saúde laboral, a verificación das características técnicas da vestimenta.

As partes asinantes deste convenio comprométense a adapta-lo contido deste artigo ás peculiaridades de cada categoría.

Capítulo XIV

Mobilidade xeográfica

Artigo 38º.-Mobilidade xeográfica.

Os traslados do persoal que impliquen cambio de domicilio familiar para o afectado poderán realizarse por:

a) Traslado por solicitude do interesado.

Será requisito necesario a previa aceptación por parte de Portos de Galicia e o solicitante carecerá do dereito a indemnización polos gastos que orixine o cambio.

b) Traslado por necesidades do servicio.

Aplicarase, en canto ós requisitos, procedementos e trámites ó disposto no artigo 40 do Estatuto dos traballadores, aboándose a contía de 6.611,13 A máis o 20% por cada persoa a cargo. Esta indemnización terá lugar sempre e cando resulte acreditado polo traballador o cambio da súa residencia habitual.

Se por traslado un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se é traballador de Portos de Galicia, terá dereito ó traslado á mesma localidade, se houbese un posto de traballo adecuado.

c) Permuta.

Portos de Galicia, sempre que o concerten os propios permutantes, en atención ás categorías, ás necesidades do servicio, así como a calquera outra circunstancia que fose digna de apreciar, poderá acceder ou denega-la permuta dos traballadores.

Poderanse conceder permutas de posto de traballo entre o persoal fixo cando concorran as seguintes circunstancias:

-Que conten con máis de dous anos de servicios continuados en Portos de Galicia.

-Que teñan idénticas categorías laborais.

-Que se emita informe previo das xefaturas respectivas.

No prazo de cinco anos, a partir da concesión dunha permuta, non se lle poderá autorizar outra a calquera dos interesados.

A concesión da permuta non dará dereito ó aboamento de gastos nin de indemnizacións de ningunha clase.

Estas permutas, no caso de que se levasen a cabo, comunicaranse ós representantes legais dos traballadores.

Capítulo XV

Representación colectiva

Artigo 39º.-Representantes legais dos traballadores.

Dotación.

Para o desempeño da actividade propia dos representantes legais dos traballadores, o ente público Portos de Galicia facilitará un local equipado cos medios adecuados: material de oficina e taboleiros de anuncios.

Competencias.

Ademais das que de forma concreta lles asigna o artigo 64 do Estatuto dos traballadores, dispoñerán das que de seguido se relacionan:

-Designa-los representantes dos traballadores en: comités, tribunais e demais formacións que legalmente deban contar coa representación dos traballadores.

-Analiza-las melloras que se estimen necesarias para supera-lo nivel e condicións de emprego.

-Ter acceso ós documentos TC-1 e TC-2.

Dereitos e garantías.

Os representantes legais dos traballadores poderán expresar con liberdade as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo publicar e distribuír, con comunicación ó ente público Portos de Galicia e sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as informacións de interese laboral ou social.

Apertura de expediente contradictorio no suposto de sancións por faltas graves ou moi graves, no que serán oídos, ademais do interesado, os representantes legais dos traballadores.

Prioridade de permanencia no ente público ou centro de traballo correspondente respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

Non ser despedido nin sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte á expiración do seu mandato, salvo no caso de que esta se produza por revogación ou dimisión, sempre que o despedimento ou sanción se base na acción

do traballador no exercicio da súa representación, sen prexuízo do establecido no artigo 54 do Estatuto dos traballadores. Así mesmo, non poderá ser discriminado na súa promoción económica ou profesional en razón, precisamente, do desempeño da súa representación.

Dereito ó percibo dos emolumentos derivados do traballo que tiveran asignados e que non poidan desempeñar con motivo do exercicio das súas funcións de representación.

Os representantes legais dos traballadores dispoñerán dun crédito de 15 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación.

Non se poderán acumular nin suma-las horas non utilizadas nun mes para outro mes.

O crédito horario é de carácter persoal, retribuído, mensual e para o exercicio exclusivo de funcións de representación.

Para a utilización destas horas bastará unha comunicación escrita, coa máxima antelación posible, ó ente público Portos de Galicia e a xustificación, con posterioridade, do tempo empregado.

Horas fóra do cómputo:

Non se computará no devandito crédito horario o tempo empregado nas reunións que se realicen por iniciativa dos representantes do ente público Portos de Galicia e, de modo específico, nas actuacións que se refiran a: comité de seguridade e saúde laboral, tribunais de exames e aquelas outras comisións creadas por iniciativa do ente público Portos de Galicia, sempre que asistan os estrictos membros das comisións.

Asembleas:

Poderán celebrarse 2 asembleas anuais, dentro das horas de traballo por un tempo máximo de catro horas en cada centro de traballo, e 1 anual nos servicios centrais fóra de horas de traballo, comprometéndose o ente público a facilita-lo local correspondente para a celebración destas asembleas.

Os convocantes garantirán en todo momento a orde das asembleas e o axeitado funcionamento na prestación dos servicios a realizar.

Notificarase previamente ó ente público, de acordo co regulado nos artigos 77 a 80 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 40º.-Acción sindical en Portos de Galicia.

En aplicación da LOLS, os traballadores afiliados a un sindicato poderán, no ámbito do ente público, con carácter xeral:

-Constituír seccións sindicais de conformidade co establecido nos estatutos da súa organización sindical.

-Celebrar reunións, logo de notificación ó ente público, recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal.

-Recibi-la información que lle remita a súa organización sindical.

O ente publico Portos de Galicia poderá considera-los sindicatos debidamente implantados como interlocutores válidos para facilita-las relacións dos traballadores previa solicitude destes últimos.

Artigo 41º.-Garantías e dereitos dos representantes legais dos traballadores.

Os representantes legais dos traballadores e os delegados sindicais terán as garantías e dereitos que lles recoñece a Lei orgánica de liberdade sindical.

Capítulo XVI

Procedemento de actuación en materia de conflicto colectivo e folga

Artigo 42º.-Conflicto colectivo e folga.

Convencidas as partes de que un descenso da litixiosidade redundará en beneficio dun mellor clima laboral e coa finalidade de lograr unhas cotas inferiores de conflictividade, as partes establecen que os conflictos colectivos de traballo serán sometidos obrigatoriamente á comisión paritaria, instancia previa na que haberá de intentarse a solución, actuando como órgano de conciliación, mediación e arbitraxe.

En canto á folga, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Capítulo XVII

Réxime disciplinario

Artigo 43º.-Sancións.

Os traballadores de Portos de Galicia poderán ser sancionados por incumprimento dos seus deberes laborais, de acordo coa graduación de faltas e sancións establecida no presente convenio colectivo.

A imposición de sancións por faltas graves e moi graves, excepto as derivadas de falta de asistencia ou puntualidade, esixirá a incoación de expediente disciplinario.

Artigo 44º.-Procedemento.

1. Incoación.

A incoación do expediente disciplinario será ordenada polo órgano competente, ou autoridade en quen delegue, da que dependa o traballador afectado, de oficio ou previa denuncia motivada.

O procedemento iniciarase mediante un escrito de incoación que deberá conter, polo menos, os seguintes extremos:

-Feitos susceptibles de sanción.

-Traballador presuntamente implicado.

-Designación de instructor.

-Suspensión provisional de funcións, se procede.

A designación de instructor non poderá recaer na persoa que propuxo a incoación do expediente, denunciou a presunta falta ou persoa con manifesta animadversión cara ó interesado, nin nun traballador pertencente a un grupo profesional inferior.

Do escrito de incoación darase traslado inmediato e simultáneo ó instructor, traballador afectado e ós representantes legais dos traballadores correspondentes.

2. Desenvolvemento.

O instructor ordenará a práctica de cantas dilixencias sexan axeitadas para a determinación e comprobación dos feitos, actuando coa maior celeridade, evitando a caducidade do expediente e deixando constancia por escrito de todo o actuado.

Á vista do escrito de incoación, no prazo de cinco días, o traballador poderá presentar por escrito as alegacións que considere pertinentes, así como cantos documentos considere de interese, solicitando a práctica das probas que crea precisas para a súa defensa.

O instructor, unha vez practicadas as dilixencias por el ordenadas para determinar e comproba-los feitos, comunicará ó expedientado a apertura dun período probatorio durante o que deberá propoñer e practicar, se é o caso, cantos medios de proba estime pertinentes para a súa defensa.

Para a proposición de proba dispoñerase dun prazo de cinco días hábiles, contados desde a notificación da apertura do período probatorio.

Unha vez propostas as probas, o instructor, logo de declaración de pertinencia, admitiraas a trámite e sinalará día e hora para a súa práctica, dentro dos dez días hábiles seguintes.

Concluído o período probatorio e oídos os representantes legais dos traballadores, o instructor ordenará poñe-lo expediente á vista do expedientado durante un prazo de tres días hábiles para a súa instrucción, a partir da notificación da conclusión do período probatorio.

Unha vez evacuado o trámite da vista, o expedientado, no prazo de 5 días hábiles, poderá formula-las alegacións que estime pertinentes para a súa defensa.

3. Conclusión.

O instructor, á vista das actuacións levadas a cabo, probas practicadas e alegacións formuladas polo traballador, elevará unha proposta motivada de resolución, que deberá conter, polo menos, os seguintes extremos:

-Exposición precisa dos feitos que resultaran probados.

-Normas legais de aplicación ós feitos descritos.

-Cualificación xurídica dos feitos.

-Sanción que se propón, se procede.

A proposta de resolución será notificada polo instructor ó interesado para que, no prazo de dez días, poida alegar ante o instructor canto considere conveniente a súa defensa. Así mesmo, darase traslado ós representantes legais dos traballadores para que poidan ser oídos nese prazo.

Oído o inculpado, ou transcorrido o prazo sen se ter formulado alegacións, remitirase con carácter inmediato o expediente completo ó órgano que acordara a incoación do procedemento.

A resolución que pon fin ó procedemento disciplinario deberá adoptarse polo órgano competente no prazo de dez días e resolverá tódalas cuestións xurdidas no expediente.

A resolución será motivada en relación co expediente instruído.

4. Nulidade de actuacións.

A omisión do procedemento descrito determinará a nulidade do expediente naqueles casos en que se xere indefensión para o traballador.

5. A sanción de faltas que non requiran a incoación de expediente disciplinario deberá ser comunicada ós representantes legais dos traballadores con tres días hábiles de antelación á notificación ó interesado.

Artigo 45º.-Graduación de faltas.

1. As infraccións ou faltas cometidas polos traballadores derivadas de incumprimentos laborais poderán ser leves, graves ou moi graves:

A. Faltas leves.

a.1. A incorrección cos superiores xerárquicos, cos compañeiros e co público en xeral.

a.2. A neglixencia, o descoido e atrasos inxustificados no cumprimento do traballo.

a.3. A non comunicación coa debida antelación da ausencia ó traballo por causa xustificada, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

a.4. A falta de asistencia ó traballo sen causa xustificada dun día ó mes, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

a.5. O incumprimento non xustificado do horario de traballo de tres a cinco veces ó mes, respectándose o réxime existente para os efectos de cómputo en cada centro de traballo (entendéndose por falta de puntualidade os atrasos superiores a 15 minutos).

a.6. A presentación extemporánea e inxustificada de partes de baixa ou de confirmación en tempo superior a dous días, desde a data da súa expedición regular, a non ser que por causa de forza maior se probe a imposibilidade de facelo.

a.7. A neglixencia no coidado e conservación dos materiais e utensilios de traballo, do mobiliario e dos locais onde se prestan servicios.

a.8. O incumprimento dos deberes e obrigas dos traballadores, sempre que non constitúan falta grave ou moi grave.

B. Faltas graves.

b.1. A indisciplina ou desobediencia relacionada co traballo e o incumprimento dos deberes previstos nos apartados a), b) e c) do artigo 5 do Estatuto dos traballadores.

b.2. A desconsideración co público, compañeiros e subordinados no desempeño das tarefas encomendadas, sempre que non constitúa falta leve.

b.3. A reiterada falta de asistencia ó traballo sen causa xustificada durante dous ou tres días ó mes, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

b.4. O incumprimento non xustificado do horario de traballo máis de tres veces ó mes, respectándose o réxime existente para efectos de cómputo en cada centro de traballo.

b.5. A presentación extemporánea e inxustificada dos partes de confirmación de baixa en tempo superior a sete días desde a data da súa expedición regular, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

b.6. A alegación de motivos falsos para a obtención de licencias retribuídas ou a simulación de enfermidade ou accidente que supoñan a incapacidade laboral por tempo inferior a tres días. Entenderase, en todo caso, que concorre tal suposto cando o traballador declarado de baixa por un dos motivos indicados realice traballos de calquera clase por conta propia ou allea. Así mesmo, entenderase incluída no presente suposto toda acción ou omisión do traballador realizada para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

b.7. A colaboración ou encubrimento de faltas doutros traballadores en relación cos seus deberes de puntualidade, asistencia e utilización dos mecanismos de control.

b.8. O abandono do traballo sen causa xustificada por tempo superior a dous días no prazo dun mes.

b.9. O abuso de autoridade no desempeño das funcións encomendadas.

b.10. A comisión reiterada de faltas leves nun mesmo trimestre, aínda que sexan de distinta natureza, exceptuando as faltas de puntualidade inferiores a tres faltas leves.

b.11. A diminución continuada e voluntaria no rendemento do traballo normal ou pactado.

b.12. Causar danos graves nos locais, material ou documentos dos servicios.

b.13. A grave perturbación do servicio.

b.14. Actos que atenten contra a dignidade dos traballadores ou da Administración.

b.15. As accións ou omisións dirixidas a evadi-los sistemas de control de horarios ou a impedir que sexan detectados os incumprimentos inxustificados das xornadas laborais.

b.16. A embriaguez habitual ou toxicomanía que repercuta no desenvolvemento do traballo.

b.17. As conductas constitutivas de delicto doloso relacionadas co servicio ou que causen dano á Administración ou ós administrados.

C. Faltas moi graves.

c.1. A fraude, a deslealdade e abuso de confianza na xestión e desempeño das funcións encomendadas.

c.2. A notoria falta de rendemento que comporte inhibición no cumprimento das tarefas encomendadas.

c.3. O falseamento voluntario de datos e informacións do servicio.

c.4. A adopción de acordos manifestamente ilegais que causen un prexuízo grave á Administración ou ós cidadáns.

c.5. O quebrantamento do segredo profesional, a manipulación de datos e programas con ánimo de falsificación ou a utilización de medios técnicos da empresa para intereses particulares de tipo económico.

c.6. A obstaculización do exercicio das liberdades públicas e dereitos sindicais.

c.7. A obstaculización, por calquera medio, do normal desenvolvemento da actividade laboral.

c.8. A participación en folgas ilegais.

c.9. O incumprimento da obriga de atende-los servicios esenciais en caso de folga.

c.10. A comisión de máis de tres faltas de asistencia ó mes non xustificadas, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

c.11. A reiteración na comisión de faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun mesmo trimestre.

c.12. A indisciplina e desobediencia de carácter grave.

c.13. Os malos tratos de palabra ou de obra cos superiores, subordinados, compañeiros e público en xeral.

c.14. O acoso sexual.

c.15. O incumprimento ou abandono das normas e medidas de seguridade e saúde laboral no traballo, cando deles se deriven graves riscos ou danos para o propio traballador ou terceiros.

c.16. Simular enfermidade ou accidente que supoñan unha incapacidade ou baixa por un tempo de tres ou máis días. Entenderase, en todo caso, que concorre tal suposto cando o traballador declarado de baixa por un dos motivos indicados realice tra

ballos de calquera clase por conta propia ou allea. Así mesmo, entenderase incluída neste punto toda acción ou omisión do traballador realizada para prolonga-la baixa por enfermidade ou accidente.

c.17. O abandono do servicio.

c.18. A reiteración na comisión de faltas graves dentro do mesmo trimestre, aínda que sexan de distinta natureza, exceptuando as de puntualidade.

2. A colaboración ou encubrimento de faltas cometidas por traballadores constituirá unha falta da mesma categoría que a falta en cuestión.

Artigo 46º.-Sancións.

a) Por faltas leves:

-Amoestación verbal ou escrita.

-Suspensión de emprego e soldo ata un máximo de dous días.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de tres días a un mes.

-Suspensión do dereito a concorrer ás probas selectivas ou de promoción interna por un período dun ano.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo dun mes a seis meses.

-Inhabilitación para o ascenso por un período máximo de ata tres anos.

-Traslado forzoso sen indemnización.

-Despedimento.

Artigo 47º.-Órganos competentes para a imposición de sancións.

Son competentes para a imposición de sancións:

a) O Consello de Administración, por proposta do presidente de Portos de Galicia, para o despido.

b) O presidente de Portos de Galicia para impoñe-las sancións por faltas graves ou moi graves.

c) O director ou, no seu defecto, o responsable de recursos humanos, para a imposición de sancións por faltas leves.

Artigo 48º.-Prescrición.

As faltas leves prescribirán ós 10 días, as graves ós 20 días e as moi graves ós 60 días, contados a partir da data en que Portos de Galicia tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de cometerse. Os ditos prazos quedarán interrompidos por calquera acto propio do expediente disciplinario instruído ou preliminar, incluída a audiencia previa ó interesado, sempre que a duración da tramitación, no seu conxunto, non supere o prazo de seis meses sen mediar culpa do traballador afectado.

Artigo 49º.-Cancelación.

A cancelación do expediente de faltas e sancións producirase ós tres meses para as faltas leves, ó ano para as graves e ós dous anos para as moi graves.

Artigo 50º.-Cláusula de peche en materia disciplinaria.

No non previsto neste capítulo, será de aplicación o réxime disciplinario establecido para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Artigo 51º.-Protección persoal dos traballadores.

Todo traballador poderá comunicar por escrito, por si mesmo ou a través dos seus representantes, os actos que supoñan faltas de respecto á súa intimidade ou a consideración debida á súa dignidade persoal ou profesional. Portos de Galicia, a través do órgano directivo ó que se atope adscrito o interesado, abrirá a oportuna información e instruirá, se é o caso, o expediente disciplinario que proceda.

Así mesmo, será de aplicación o disposto no parágrafo anterior cando se lesionen dereitos dos traballadores recoñecidos neste convenio e na normativa vixente e do que se deriven notorios prexuízos de orde material.

Disposicións transitorias

Primeira.-Respectaranse ad personam, e durante o prazo de vixencia do presente convenio, como condicións máis beneficiosas, as que estiveran vixentes no momento da súa entrada en vigor cando, examinadas no seu conxunto e cómputo anual, sexan máis beneficiosas para o persoal laboral.

Segunda.-As categorías profesionais non incluídas neste texto, por razóns de transferencia, omisións ou calquera outra causa, serán integradas no presente convenio, logo de estudio e acordo das partes asinantes deste.

Terceira.-Nas convocatorias de acceso á condición de persoal laboral fixo poderá substituírse, de mutuo acordo, entre a empresa e os representantes legais dos traballadores, e cando se considere conveniente, o requisito de nivel de titulación académica pola posesión dunha determinada titulación profesional expedida por órganos oficiais das administracións públicas.

Cuarta.-O persoal transferido da Xunta de Galicia á data de creación do ente público e mentres non se definan as funcións de cada categoría, en relación con cada posto de traballo efectivamente desempeñado, seralle de aplicación as que tiña recollidas no seu convenio de procedencia.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os acordos contidos neste convenio único forman un todo orgánico no seu conxunto e, polo tanto, tódalas condicións que se establezan nel, sexan ou non de natureza salarial, son compensables e absorbibles no seu conxunto coas melloras de calquera tipo que a administración viñese satisfacendo

anteriormente, ben por norma legal, convenio colectivo, contrato individual, uso ou costume, concesión voluntaria da administración ou por calquera outra causa.

Segunda.-Os traballadores afectados polo presente convenio, non poderán ser obxecto de decisións, condicións ou de calquera clase de medidas que comporten, directa ou indirectamente, un trato discriminatorio por razóns de sexo, en canto ó acceso, promoción e conservación do posto de traballo ou calquera outro dereito recoñecido no convenio.

Terceira.-En consonancia coas disposicións vixentes de carácter nacional e internacional en materia

de igualdade de oportunidades no eido laboral, velarase e asegurarase a igualdade retributiva por traballos de igual valor, así como o acceso á promoción e á formación profesional sen limitacións e condicionamentos por razón de sexo.

Cuarta.-O disposto no presente convenio poderá alterarse ou modificarse pola aplicación de pactos que poidan subscribirse entre Portos de Galicia e os representantes legais dos traballadores.

Quinta.-Portos de Galicia poderá modifica-las funcións e tarefas que sexan consecuencia dos cambios evolutivos dos medios ou procedementos que se implanten.

ANEXO I

Táboa salarial

Ano 2002

Subniv.CategoríaAno 2002Ano 2003
RetribuciónSoldo baseCom. postoRetribuciónSoldo baseCom. posto

1.1Xefatura área42.822,50 A30.457,56 A12.364,94 A43.678,95 A31.066,71 A12.612,24 A

Xefe dpto. estudios e E. port.42.822,50 A30.457,56 A12.364,94 A43.678,95 A31.066,71 A12.612,24 A

1.2Xefe gabinete34.101,77 A28.507,60 A5.594,17 A34.783,80 A29.077,75 A5.706,05 A

Xefatura zona34.101,77 A30.457,56 A3.644,21 A34.783,80 A31.066,71 A3.717,09 A

Xefatura departamento34.101,77 A28.507,60 A5.594,17 A34.783,80 A29.077,75 A5.706,05 A

1.3Xefatura depart./ECCP30.457,56 A30.457,56 A31.066,71 A31.066,71 A

Xefe oficina técnica30.457,56 A30.457,56 A31.066,71 A31.066,71 A

2.1Xefe unidade/licenciado28.507,60 A28.507,60 A29.077,75 A29.077,75 A

2.2Xefe unidade/ECCP-E, téc.28.323,10 A28.323,10 A28.889,56 A28.889,56 A

2.3Xefe unidade25.103,13 A25.103,13 A25.605,19 A25.605,19 A

Seguimento de obras25.103,13 A25.103,13 A25.605,19 A25.605,19 A

Xefe comunic. e RR. Exter.25.103,13 A15.103,13 A25.605,19 A25.605,19 A

3.1Conductor-conserxe presid.20.252,49 A15.312,57 A4.939,92 A20.657,54 A15.618,82 A5.038,72 A

Admintvo. explotación II e IV19.766,16 A16.022,62 A3.743,54 A20.161,48 A16.343,07 A3.818,41 A

Secretaria presidente19.766,16 A16.022,62 A3.743,54 A20.161,48 A16.343,07 A3.818,41 A

3.2Celador gardapeiraos-xefe17.693,58 A15.312,57 A2.381,01 A18.047,45 A15.618,82 A2.428,63 A

Delineante17.693,58 A16.022,62 A1.670,96 A18.047,45 A16.343,07 A1.704,38 A

Topógrafo delineante17.693,58 A16.022,62 A1.670,96 A18.047,45 A16.343,07 A1.704,38 A

3.3Administrativo16.766,38 A16.022,62 A743,76 A17.101,71 A16.343,07 A758,64 A

Vixilante de obra16.766,38 A15.312,57 A1.453,81 A17.101,71 A15.618,82 A1.482,89 A

Práctico topógrafo16.766,38 A15.312,57 A1.453,81 A17.101,71 A15.618,82 A1.482,89 A

Conductor conserxe16.766,38 A15.312,57 A1.453,81 A17.101,71 A15.618,82 A1.482,89 A

Celador gardapeiraos16.766,38 A15.312,57 A1.453,81 A17.101,71 A15.618,82 A1.482,89 A

3.4Administrativo estiba15.312,57 A15.312,57 A15.618,82 A15.618,82 A

4.1Auxiliar administrativo14.395,15 A14.395,15 A14.683,05 A14.683,05 A

4.2Peón especialista13.049,64 A11.630,08 A1.419,56 A13.310,63 A11.862,68 A1.447,95 A

Retribución anual (12 pagas)Ano 2002Ano 2003

Dispoñibilidade horaria

(non consolidable)

4.305,99 A4.392,11 A

Compl. prolongación de xornada

(non consolidable)

1.103,46 A1.125,53 A

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL