Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.764

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 20 de marzo de 2003 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2002, pola que se modifica a Orde do 17 de xullo de 2000, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, e se particulariza para o exercicio 2003 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto.

A Orde do 30 de decembro de 2002, pola que se modifica a Orde do 17 de xullo de 2000, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, e se particulariza para o exercicio 2003 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (DOG nº 252, do 31 de decembro de 2002), establece no seu artigo 2 que para o devandito exercicio orzamentario as correspondentes axudas ó abeiro da Orde do 17 de xullo de 2000 se concederán con cargo á aplicación 12.03.722A.770.0 do orzamento de gastos da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para 2003, e ata o importe máximo de 17.852.353,75 euros.

Non obstante o anterior, e dado o momento do pasado exercicio económico 2002 no que o expediente relativo á referida convocatoria foi tramitado, na fixación da súa dotación non se tivo presente a existencia de obrigas económicas contraídas posteriormente con cargo a aquel orzamento de gastos como consecuencia da modificación de determinadas resolucións individuais de concesión de axudas, polo que cómpre modifica-la referida Orde do 30 de

decembro de 2002 para os efectos de lle dar publicidade ó resultante importe máximo ata o que se concederán novas axudas ó abeiro da referida Orde do 17 de xullo de 2000 con cargo ó orzamento de gastos do exercicio 2003.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o parágrafo 1º do artigo 2 da Orde do 30 de decembro de 2002, pola que se modifica a Orde do 17 de xullo de 2000, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, e se particulariza para o exercicio 2003 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (DOG nº 252, do 31 de decembro de 2002), de xeito que queda redactado como segue:

«Artigo 2º.-Para o exercicio orzamentario 2003, as axudas ó abeiro da Orde do 17 de xullo de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura (DOG nº 149, do 2 de agosto), concederanse con cargo á aplicación 12.03.722A.770.0 que figura dotada no proxecto de orzamento de gastos da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para 2003, e ata o importe máximo de 15.235.326,83 euros».

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos