Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.764

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 193/2003, do 12 de marzo, polo que se dispón o nomeamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo 3º, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo de 1995) e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente

DISPOÑO:

Artigo 1º

Noméase como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Universidade de Santiago de Compostela, a Miguel Vázquez Tain.

Artigo 2º

Noméase como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Universidade de Santiago de Compostela, a José Vázquez Portomeñe.

Santiago de Compostela, doce de marzo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente