Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.735

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (736/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 736/2002, seguidos por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades de la Seguridad Social nº 201 contra José Antonio Verdiñas Caamaño e outros sobre declaración de responsabilidade no aboamento de prestacións e reintegro destas, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou auto de aclaración de sentencia, na data do 11 de febreiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que procede aclarar e rectifica-la sentencia con data de 14 de xaneiro de 2003, e nos seus feitos probados, no nº dous in fine, onde di: «e a prestación ou subsidio por incapacidade temporal que ascendeu a 2.070,87 euros», debe dicir: «e a prestación ou subsidio por incapacidade temporal que ascendeu a 8.331,56 euros».

Así mesmo, procede rectifica-la decisión da sentencia e substituí-la cantidade de 27.701,53 euros pola de 33.962,22 euros, de tal xeito que onde di: «condenando a empresa Obrasgal Reformas y Construcciones, S.L. a aboarlle a Mutua Gallega a cantidade de 27.701,53 euros sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS como representantes do extinto Fondo de Garantía de Accidente de Trabajo y Servicio de Reaseguro respectivamente», debe dicir: «condenando á empresa Obrasgal Reformas y Construcciones, S.L. a aboar a Mutua Gallega a cantidade de 33.962,22 euros sen prexuízo

da responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS como representantes do extinto Fondo de Garantía de Accidente de Trabajo y Servicio de Reaseguro respectivamente».

Contra esta resolución caben os mesmos recursos que contra da sentencia que se rectifica e aclara.

Así o acordou e asina Isabel Olmos Parés, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un da Coruña».

E para que lle sirva de notificación á empresa Obrasgal Reformas y Construcciones, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Capitán Juan Varela, 25, baixo-dous, 15007 A Coruña; e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 11 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado