Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, de data do 24 de julio de 2002, o alleamento en pública poxa do ben embargado no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor Manuel Álvarez Sánchez, con NIF 33761192-K, que a continuación se describe:

Lote 1:

1/2 predio 6733.0, tomo 469, libro 90, folio 232 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Prado Grande, prado situado en A Cova San Martiño do municipio do Saviñao cunha superficie de 2 áreas e 79 centiáreas. Lindeiros: norte, Francisco Arias; sur, Evaristo Rodríguez; leste, Manuel Álvarez e oeste, arroio que baixa ó Miño.

Valor:111,60 A.

Cargas:45.065,91 A.

Tipo: 111,60 A.

Lote 2:

1/2 predio 6734.0, tomo 469, libro 90, folio 235 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Horta da Lama, labradío sito en termos de Rosende, municipio do Saviñao cunha superficie de 2 áreas e 79 centiáreas. Lindeiros:

norte, Manuela Álvarez; sur, Salvador López; leste, Carolina Sánchez e oeste, camiño público.

Valor:167,40 A.

Cargas:45.065,91 A.

Tipo: 167,40 A.

Lote 3:

1/2 predio 6735.0, tomo 469, libro 90, folio 238 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Extramonde, labradío situado nos termos de Rosende, municipio do Saviñao de 1 área e 40 centiáreas. Lindeiros: norte, Juanita Álvarez; sur, camiño público; leste, herdeiros de Troncoso e oeste, Esperanza Álvarez.

Valor:70 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 70 A.

Lote 4:

1/2 predio 6736.0, tomo 469, libro 90, folio 240 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Viña Grande, viñedo situado nos termos de Rosende, municipio do Saviñao de 8 áreas e 37 centiáreas. Lindeiros: norte, sendeiro público; sur, herdeiros de Lucas Lavarid; leste, Evaristo Rodríguez e oeste, Francisco Arias.

Valor:1.464,75 A.

Cargas:45.065,91 A.

Tipo: 1.464,75 A.

Lote 5:

1/2 predio 6737.0, tomo 469, libro 90, folio 243 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Debesa, devesa situada no lugar da Cova San Martiño, municipio do Saviñao cunha superficie de 2 áreas e 79 centiáreas. Lindeiros: norte, Manuela Álvarez; sur, Ramiro Beltrán; leste, Evaristo Rodríguez e oeste, Francisco Arias.

Valor: 139,50 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 139,50 A.

Lote 6:

1/2 predio 6738.0, tomo 469, libro 90, folio 247 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Peirato, labradío situado na Cova San Martiño, municipio do Saviñao, de 2 áreas e 79 centiáreas. Lindeiros: norte, Ramón Rueda; sur, campo público; leste, camiño público e oeste, Esperanza Álvarez.

Valor: 139,50 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 139,50 A.

Lote 7:

1/2 predio 6739.0, tomo 469, libro 90, folio 250 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Pousadeiro, labradío e monte situado na parroquia de Fión, municipio do Saviñao, cunha superficie de 2 áreas e 79 centiáreas. Lindeiros: norte, Carolina Sánchez; sur, Antonio Pérez; leste, Francisco Arias e oeste, sendeiro público.

Valor: 139,50 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 139,50 A.

Lote 8:

1/2 predio 6740.0, tomo 473, libro 91, folio 2 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamada Pena, labradío situado na parroquia da Cova San Martiño, municipio do Saviñao de 1 área e 39 centiáreas.

Valor: 69,50 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 69,50 A.

Lote 9:

1/2 predio 6741, tomo 473, libro 91, folio 5 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Espiñeiro, labradío situado na parroquia de Fión, municipio do Saviñao de 2 áreas e 79 centiáreas. Lindeiros: norte, Manuela Álvarez; sur, Carolina Sánchez; leste, José Rodríguez e oeste, herdeiros de Juan Manuel de Sevarid.

Valor: 139,50 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 139,50 A.

Lote 10:

1/2 predio 6742.0, tomo 473, libro 91, folio 8 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Agro da Pousada, toxeira situada na parroquia de Licín, municipio do Saviñao, de 2 áreas e 79 centiáreas. Lindeiros: norte, camiño público; sur, herdeiros de Pousada; leste, Carolina Sánchez e oeste, Josefa Varela.

Valor: 83,70 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 83,70 A.

Lote 11:

1/2 predio 6743.0, tomo 473, libro 91, folio 11 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Eido dos Santos, labradío situado na parroquia de Rosende, municipio do Saviñao, de 2 áreas e 79 centiáreas. Lindeiros: norte, Angel Expósito; sur, Avelino Expósito; leste, Concepción Álvarez e oeste, sendeiro público.

Valor: 139,50 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 139,50 A.

Lote 12:

1/2 predio 6744.0, tomo 473, libro 91, folio 14 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Pedra Furada, labradío situado na parroquia de Rosende, municipio do Saviñao, de 4 áreas e 18 centiáreas. Lindeiros: norte, camiño público; sur, sendeiro público; leste, sendeiro público e oeste, Rosendo Álvarez.

Valor: 188,10 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 188,10 A.

Lote 13:

1/2 predio 6745.0, tomo 473, libro 91, folio 17 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado As Bodegas, labradío sito na parroquia de Rosende, municipio do Saviñao, de 2 áreas e 79 centiáreas. Lindeiros: norte, Dositeo Rodríguez;

sur, José Álvarez; leste, Ramiro Beltrán e oeste, Rosendo Álvarez.

Valor: 167,40 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 167,40 A.

Lote 14:

1/2 predio 6746.0, tomo 473, libro 91, folio 20 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Leira, labradío de 1 área e 39 centiáreas, situado na parroquia da Cova San Martiño, municipio do Saviñao. Lindeiros: norte, Francisco Rodríguez; sur, Rosendo Álvarez; leste, Manuel López e oeste, camiño público.

Valor: 69,50 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 69,50 A.

Lote 15:

1/2 predio 6747.0, tomo 473, libro 91, folio 23 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Peniñas, monte de 4 áreas e 18 centiáreas, situado na Cova San Martiño, municipio do Saviñao. Lindeiros: norte, Rosendo Álvarez; sur, Antonio Paradela; leste, camiño público e oeste, Daniel Moure.

Valor: 125,40 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 125,40 A.

Lote 16:

1/2 predio 6748.0, tomo 473, libro 91, folio 26 no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos. Rústico, chamado Os Leiros, labradío situado na parroquia de Rosende, municipio do Saviñao, cunha superficie de 1 áreas e 39 centiáreas. Lindeiros: norte, José Méndez; sur, Carolina Sánchez; leste, José Arias e oeste, Concepción Arias.

Valor: 69,50 A.

Cargas: 45.065,91 A.

Tipo: 69,50 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

DISPOÑO:

Que o día 21 de abril de 2003 ás 10 horas, na Sala de Xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado

das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será o menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfan o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas o remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se

considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente suspenderase nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos