Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 0001314/2002, interposto por María Martínez Otero, S.A.

Recibida na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a resolución da sección 001 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo sinalado co número 0001314/2002, interposto por María Martínez Otero, S.A. sobre reclamación por enriquecemento inxusto.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido tribunal, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas no recurso, no prazo de nove días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria