Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 27663, ampliación 2002).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación subestación 132/15 kV San Marcos.

Situación: Oleiros

Descricións técnicas: ampliación da subestación 132/15 kV San Marcos, consistente en:

-Na tensión de 132 kV, substitución dos dous transformadores actuais implantando dous transformadores de 40 MVA/u e tensións 132/15 kV, e a súa correspondente aparamenta integrada por dous interruptores tripolares motorizados, seis seccionadores tripolares e seis transformadores de intensidade.

-Na tensión de 15 kV, seis cabinas de liña a 15 kV blindadas cos seus correspondentes interruptores, seccionadores e trafos de intensidade. Dúas cabinas de prolongación de barras. Sistemas de control, protección e medida. Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña