Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 31667, ampliación 2003).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación subestación 220/66 kV Sidegasa.

Situación: Curtis.

Descricións técnicas: ampliación da subestación 220/66 kV Sidegasa, consistente en:

-Transformador trifásico 220/66 kV e a súa aparamenta de: interruptor tripolar en SF, trafos de tensión e intensidades, seccionador tripolar con c.p.t. E autoválvulas.

-Aparamenta para 220 kV do primeiro transformador existente montando seccionador tripolar con c.p.t., interruptor tripolar en SF e trafos de intensidade. Dobre barra para 220 kV en Al de 150/134 mm.

-Dúas novas posicións de liña denominadas Gomil e Parque Eólico Pena Feixa-Serra Moncoso coa súa aparamenta de interruptor tripolar SF, trafos de tensión e intensidade e coitelas de p.a.t. Embarrado para 66 kV en Al de 63/50 mm. Armarios de protección e medida. Teixeiro (Curtis).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña