Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.735

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (1463/2001).

Carmen Diéguez Camarón, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial,

Certifico: que no presente recurso nº 1463/01, dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Audiencia Provincial. Sección terceira. Maxistrados: Juan Ángel Rodríguez Cardama (Presidente)), Juan Luis Pía Iglesias, Rafael Jesús Fernández-Porto García. Na Coruña, dezaoito de setembro de dous mil dous. Vistos pola sección terceira desta audiencia provincial, constituída polos señores que á marxe se expresan, os presentes autos de xuízo verbal nº 100/01 que ante esta penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ferrol, nos que é parte como apelante Caixa Galicia, baixo a dirección do letrado señor Fuentes Lorenzo, e doutra como apelada impugnante María Del Pilar Edreira Fraga, baixo a dirección do letrado señor Roca Agras. En situación procesual de rebeldía Juan Manuel Amado Leira, versando os autos sobre reclamación de cantidade.

Decidimos: que desestimando o recurso de apelación, interposto por Caixa Galicia e estimando a impugnación formalizada pola parte demandante, ámbolos dous contra a sentencia dictada con data do 31 de maio de 2001, debemos revogar e revo

gamo-la dita sentencia e, en consecuencia, estimando en parte a demanda interposta por Caixa Galicia contra María del Pilar Edreira Fraga e Juan Manuel Amado Leira, debemos condenar e condenamos á entidade Caixa Galicia a que indemnice á demandante María del Pilar Edreira Fraga na cantidade de 714,20 euros, co xuro previsto no artigo 576 da Lei de axuizamento civil debendo cada parte aboa-las custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade en canto ás ocasionadas en primeira instancia e na tramitación da impugnación da sentencia formalizada pola parte demandante e con expresa imposición á entidade demandada apelante das custas causadas na tramitación do recurso de apelación que a dita parte interpuxo. Así, pola nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, e sirva de notificación ó demandado rebelde Juan Manuel Amado Leira, expídese e asínase o presente edicto na Coruña, catro de outubro de 2002.

Rubricado