Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.591

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (560/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 560/2002, por instancia de Venancio Vázquez Balboa e outros, contra Aplicaciones Técnicas de Telecomunicaciones, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 30-1-2003 que, copiada nos particulares necesarios; di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Venancio Vázquez Balboa, Benito Mayo Veloso, José Oriola Trapote, Jacinto Gómez Louzao, Benjamín Miranda Folgar, Jesús Torres Franco, Javier Pardal Vidal, Daniel González Fernández e Eliseo Gayoso Rozas contra a empresa Aplicaciones Técnicas de Telecomunicaciones, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lles aboe ós demandantes as cantidades seguintes: a Jesús Torres, 5.060,66 euros; a Jacinto Gómez, 5.192,51 euros; a José Oriola, 5.693,24 euros; a Eliseo Gayoso, 1.322,25 euros; a Daniel González, 473,66 euros; a Javier Pardal, 2.076,63 euros; a Benjamín Miranda, 4.055,38; a Venancio Vázquez, 3.309,27 euros; e a Benito Mayo, 3.201,84 euros, por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta deste xulgado, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 65 0560 02, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 6605 0000 65 0560 02, entregándose o

xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Aplicaciones Técnicas de Telecomunicaciones, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 13 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA