Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.591

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (194/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico, que neste xulgado se seguen autos nº 194/2002 por instancia de José A. García Vázquez, contra Mutua Gallega e outras sobre invalidez, nos que recaeu sentencia

con data do 31 de decembro de 2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, desestimando a demanda formulada por José Antonio García Vázquez, absolvo as demandadas, Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutual Cyclops, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Revesgran, S.L. e Construcciones Felipez, S.A.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Felipez, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña o 11 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado