Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2003 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de ordenadores persoais, impresoras e un servidor con destino á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos e ós postos de traballo do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos da Xunta de Galicia.

1. Obxecto: contratación da subministración de ordenadores persoais, impresoras e un servidor con destino á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos e ós postos de traballo do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos da Xunta de Galicia.

2. Orzamento de licitación: 114.700 euros, IVE incluído.

3. Prazo de execución: 30 días contados desde o asinamento do contrato.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

As copias da documentación poderán solicitarse en Copy Nino, r/ Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela, teléfono: 981 58 89 38, mediante o aboamento do importe que corresponda.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2221.

5. Fianza provisional: 2.294 A.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da subministración de ordenadores persoais, impresoras e un servidor con destino á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos e ós postos de traballo do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos da Xunta de Galicia, que presenta D/Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións económicas: en acto público, na sala G de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás doce horas do día que resulte de contar 11 días naturais a partir do día seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións, que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo a este concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública