Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.590

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (118/2002).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña certifico que nos autos que se seguen neste xulgado por instancia de Dolores Rey Erias, contra Juan Antonio Castro Brandariz, sobre demanda de divorcio nº 118/2002, se dictou sentencia con data do 13 de decembro de 2002, e para a súa notificación ó demandado rebelde se acordou dicta-lo seguinte edicto:

«Sentencia. Na Coruña o 13 de decembro de 2002.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, estes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co nº 118/2002, por instancia de Dolores Rey Erias, representada pola procuradora Dorrego Alonso, e defendida pola letrada Farto Ramos, sendo a parte demandada Juan Antonio Castro Brandariz, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora Beatriz Dorrego Alonso, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Juan Antonio Castro Brandariz e Dolores Rey Erias, que tivo lugar na Coruña o 21 de maio de 1988, cos efectos legais que iso implica; e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

a) Continua-lo fillo Esteban baixo a garda e custodia da nai.

b) Que exerzan ámbolos proxenitores a patria potestade.

c) Fixar como réxime de visitas a favor do pai o 1º e 3º sábado de cada mes, desde as 11 ata as 14 horas.

d) Fixar no 20% dos ingresos que perciba o demandado a cantidade que lle aboará á demandante, en concepto de alimentos para o fillo.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle ó demandado rebelde, Juan Antonio Castro Brandariz, na forma legalmente prevista.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco (5) días contados desde o día seguinte ó da notificación daquela (artigo 457 da LAC), que se preparará ante este mesmo xulgado, tendo en conta que, de conformidade co que determina o artigo 774.5º da LAC, os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentencia, non suspenderán a eficacia das medidas que se acordasen nesta; se a impugnación afectase unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade, a separación ou o divorcio.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ó Rexistro Civil correspondente, para os efectos de practica-las anotacións pertinentes.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde, Juan Antonio Castro Brandariz, expido este edicto na Coruña o 10 de febreiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado