Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.589

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2003 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal laboral, convocado por Resolución do 18 de decembro de 2002.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no cadro de

persoal laboral, por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 18 de decembro de 2002, e unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, á vista das solicitudes presentadas e logo do informe do director da Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións,

O rector, de conformidade co disposto no artigo 78 n) dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no cadro de persoal laboral, anunciada por Resolución do 18 de decembro de 2002 (DOG nº 14, do 22 de xaneiro de 2003).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó traballador que se relaciona no anexo á presente resolución.

Terceiro.-O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Cuarto.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou dun mes se comporta cambio de residencia ou reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1988, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 21-2-2003)

Cástor Méndez Paz

Vicerrector de Organización Académica e Profesorado

ANEXO

Denominación do posto: director do Servicio de Atención a Usuarios e Sistemas.

Grupo: I.

Categoría laboral: analista informático/técnico superior de telecomunicacións.

Complemento: 1.1.

Xornada: dispoñibilidade horaria.

Apelidos e nome: Velo García, José Manuel.

DNI: 34971784.