Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.590

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (759/2002).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos que se seguen neste xulgado por instancia de María del Carmen González Pernas contra Juan Arizmendi Meiras Vigo, sobre demanda de divorcio número 759/2002, se dictou sentencia con data do 7 de febreiro de 2003, e para a súa notificación ó demandado rebelde acordouse dicta-lo seguinte edicto:

Sentencia.

Na Coruña o 7 de febreiro de 2003.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, estes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co número 759/2002, por instancia de María del Carmen González Pernas, representada polo procurador sr. Castillo Villacampa e defendida pola letrada sra. Núñez González, sendo a parte demandada Juan Arizmendi Meiras Vigo, en situación procesual de rebeldía.

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador José Luis Castillo Villacampa, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Juan Arizmendi Meiras Vigo e María del Carmen González Pernas, que tivo lugar en Arteixo o 20 de abril de 1984, cos efectos legais que iso implica. E debo acordar e acordo mante-las medidas establecidas por sentencia con data do 1

de setembro de 1998, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número tres desta cidade no procedemento 504/1998.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación por escrito ante este mesmo xulgado, no prazo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde, Juan Arizmendi Meiras Vigo, expido este edicto na Coruña o 11 de febreiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO