Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.467

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (732/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño

que nos autos de xuízo número 732/2002, seguidos por instancia de Juan Carlos García Santín e outros contra a empresa Informática y Comunicaciones, S.A. (Incosa) sobre cantidade, se dictou o auto co encabezamento, razoamentos xurídicos e parte dispositiva que din:

«Auto.-Lugo, 11 de febreiro de 2003.

Razoamentos xurídicos. Único.-O artigo 267 da LOPX reza (sic): «1. Os xuíces e tribunais non poderán varia-las sentencias e autos definitivos que pronuncien despois de os asinar, pero si aclarar algún concepto escuro ou suplir calquera omisión que conteñan. 2. Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento».

No mesmo sentido, artigo 214 da Lei civil 1/2000, do 7 de xaneiro, mediante o denominado impropiamente recurso de aclaración, non está nembargantes permitido alterar ou subverte-las conclusións probatorias ou substituír unha resolución por outra de signo diverso e menos contrario.

Procede aclara-la sentencia dictado o 31-1-2003 por canto se trata de suplir simples erros de transcrición mecanográfica, debendo constar no feito probado primeiro como antigüidade do quinto demandante, Miguel Ángel Vila Pardiña, a do 21-4-1993 (non 1995), e como salario do terceiro demandante, José Luis López López, na letra c) (sen pro rata) o de 1.743,65 euros (non 1.473,65 euros), figurando correctamente no encabezamento da sentencia José Luis Díaz Coira.

Vistos os artigos citados, concordantes e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva.-Procede aclara-la sentencia nº 64/2003 rectificando os erros de transcrición que figuran no seu feito probado primeiro, nos termos que se explicitan no razoamento xurídico único da actual

Notifíqueselles este auto ás partes, coa advertencia de que contra el non cabe ningún recurso. En todo caso, deberase interpor contra a sentencia que aclara e complementa, formando parte integrante dela. Lévese testemuño ós autos principais e o orixinal, ó libro de sentencias deste xulgado. Así, por este o seu auto, acórdao, mándao e asínao. María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo e a súa provincia. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicado.-O anterior auto foi lido e publicado pola maxistrada-xuíza que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Informática y Comunicaciones, S.A. (Incosa), en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Lugo o once de febreiro de dous mil tres.

Rubricado