Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.467

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (438/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 438/2002, por instancia de José Manuel Díaz Prieto, contra Grupo Cettsa Seguridad, S.A. e outros, sobre outros extremos, nos que recaeu sentencia en data 21 de xaneiro de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, desestimando a demanda formulada por José Manuel Díaz Prieto, absolvo os demandados Grupo Cettsa Seguridad, S.A., Marcelino Calvo Fernández, Manuel José Vila Castro, José Luis Loureiro Castro y Rosario Carmen Otero Romero.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Rosario Otero Romero, expido e asino esta cédula na Coruña o 12 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado