Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.466

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (706/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos nº 706/2002 seguidos por instancia de Mongi Ben Rajeb Nairi contra Malpimar, S.L. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 10 de xaneiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Mongi Ben Rajeb Nairi, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 18.030,36 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Malpimar, S.L. a que, estando e pasando por tal declaración, aboe ó demandante a cantidade de 18.030,36 euros en concepto de salarios e liquidación máis o 10% de xuros por mora desde a data do correspondente devengo.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá presentalo, se é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada e que será resolto, de se-lo caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, asemade, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60,

e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado do importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Malpimar, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en peirao de Oza, 19 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 11 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado