Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.466

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (16/2001).

Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño de que na executoria de faltas nº 16/2001, se dictou este auto o cal na súa parte dispositiva di:

Dispoño que procede declarar a José René Rodríguez Pérez, insolvente penal na causa de que procede esta executoria substituíndo a pena de 45 días de multa, con cota de doce euros, pola pena de 22 días de privación de liberdade que se cumprirá en establecemento penitenciario.

Requírase o condenado para que de forma inmediata manifeste se opta polo cumprimento da pena de 22 días de arresto continuado ou solicita que

esta sexa substituída pola de arrestos de fins de semana, entendéndose que no caso de non formular manifestación procederase ó cumprimento da pena de arresto continuado.

Fágaselle saber que poderá liberarse da pena substitutiva imposta mediante o ingreso no prazo dun día da cantidade obxecto de execución na conta bancaria aberta a favor do Tesouro Público no Banesto 5555-1575-78-0016-01, debéndoo acreditar perante este tribunal mediante a presentación do correspondente xustificante de ingreso.

E para que conste e sirva de notificación e requirimento en forma a José René Rodríguez Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o 4 de febreiro de 2003.

O secretario

Rubricado