Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.465

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (512/2002-S).

Carmen Calvo Alonso, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña.

Nos autos de xuízo de desafiuzamento, falta de pagamento nº 512/2002-S, sobre falta de pagamento de vendas no local de negocio coas partes que se mencionarán, dictouse a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva, son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na Coruña o vintesete de novembro de dous mil dous. Vistos polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove desta cidade, Pablo González-Carreró Fojón, os presentes autos de desafiuzamento, falta de pagamento nº 512/2002-S, promovidos como parte demandante por Pedro Rodríguez Corzo representado pola procuradora Mónica Vázquez Couceiro, contra Triple A Inversiones, S.L., declarado en rebeldía, en primeira sentencia, díctase en nome de El-Rei a seguin

te: (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que estimando integramente a demanda deducida pola procuradora Mónica Vázquez Couceiro en nome e representación de Pedro Rodríguez Corzo, contra a entidade mercantil Triple A Inversiones S.L., en situación procesual de rebeldía, declaro resolto o contrato de arrendamento que ligaba ás partes sobre o local sito no piso primeiro, letra ou oficina B, da casa nº 21 da rúa Novoa Santos desta cidade, por falta de pagamento da renda; condeno a demandada a que desaloxe e deixe libre o expresado local, baixo apercibimento de lanzamento se así non o fixer. Impoño á parte demandada as custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña que deberá prepararse perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes, da Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro. Non se admitirá ningún recurso á parte demandada se ó preparalo non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que de acordo co contrato deba pagar adiantadas.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúnciao, mándao e asínao Pablo González-Carreró Fojón. Seguen sinaturas e rúbricas.».

E para que conste e sirva de notificación a demandada rebelde Triple A Inversiones, S.L. e para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino este edicto na Coruña o vintenove de novembro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN