Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.465

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (522/2002-A).

Javier Fraga Mandián, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número catro da Coruña, fai saber que nos autos de xuízo verbal civil, seguidos neste xulgado co número 522/2002-A, recaeu sen

tencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia.

A Coruña, vinteoito de novembro de dous mil dous. Vistos por Javier Fraga Mandián, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número catro da Coruña, os autos de xuízo verbal civil nº 522/2002-A, seguidos por instancia de Benito Doldán Blanco, representado polo procurador Miguel Vilariño García, contra o demandado Manuel Núñez Campos.

Decido que estimando a demanda formulada polo procurador Miguel Vilariño García, en nome e representación de Benito Doldán Blanco, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que vinculaba as partes, e en consecuencia, debo condenar e condeno o demandado Manuel Núñez Campos a que deixe libre e á disposición do demandante o local comercial sito na rúa Damas, nº 20, planta baixa, letra B, da Coruña, dentro do prazo que a lei sinala, con apercibimento de lanzamento, con imposición das custas á parte demandada. Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá preparar por escrito recurso de apelación, dentro do prazo de cinco días, a partir do seguinte ó da súa notificación, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado (rubricado). A anterior sentencia foi publicada no día da súa data».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación ó demandado, Manuel Núñez Campos, en paradoiro descoñecido, selo a asino este edicto na Coruña o vinteoito de novembro de dous mil dous.

O maxistrado-xuíz

Rubricado