Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.464

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2003 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza número 01/087 de catedrático de universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de universidades os vocais que formarán parte da comisión encargada de resolve-lo concurso para a provisión da praza 01/087, de catedrático de universidade da área de química inorgánica, convocada por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), este rectorado resolve.

1. Designar novo vocal secretario da comisión a Emilio Morán Miguélez, por falecemento do incialmente proposto.

2. Facer pública a composición da comisión que resolverá o referido concurso que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles á partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 19 de febreiro de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: química inorgánica.

Praza nº: 01/087.

Comisión titular:

Presidente: Sordo Rodríguez, José, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Morán Miguélez, Emilio, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais:

González Pradas, Emilio, catedrático de universidade. Universidade de Almería.

Julve Olcina, Miguel, catedrático de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General)

Muller Jevenois, Guillermo, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Comisión suplente:

Presidente: Navarro Ranninger, María Carmen, catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Secretario: García Vázquez, José Arturo, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Ribas Gispert, Juan, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Sáez Puche, Regino, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Mederos Pérez, Alfredo, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.