Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/550-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Trav. de Vigo 204, O Troncal, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. r/ Luis Otero (entre os números 9 e 11).

Situación: concello de Pontevedra.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 27 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T.S. A Caeira, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta na rúa Luis Otero, entre os números 9 e 11, no concello de Pontevedra, de 400 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, rematando no punto de inicio da liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra