Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 3 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador número 36/23/02 VI, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do expediente sancionador número 36/23/02 VI por infracción en materia de defensa do consumidor, xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non puido practicarse.

Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, de conformidade co disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36/23/02 VI.

Inculpado: Ángel Comesaña Nande.

Enderezo: praza de abastos (Baiona).

Motivos: incumprimento da normativa de etiquetaxe carne de vacún.

Data do acordo de incoación: 18 de abril de 2002.

Data da proposta de resolución: 14 de agosto de 2002.

Alegacións do expedientado: non presenta escrito no seu descargo.

Preceptos infrinxidos: artigo 13 do Regulamento nº 1760/2000 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de xullo de 2000, que establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina e relativo á etiquetaxe da carne de vacún e dos productos a base de carne de vacún; e artigo 3 do Decreto 375/1998, do 23 de decembro, polo que se regulan as follas de reclamacións dos consumidores e usuarios.

Precepto sancionador: artigos 34.6º da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e artigo 3.3.6 do Real decre

to 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Sanción: 675 euros.