A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 1-10-2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da fase nº 1 da UA 33, sita no Petón, Meicende, promovido por José María Caamaño Louro en representación de Sistemas Metálicos Caamaño, S.L. (expediente 10/2001.PUR).
Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva este escrito de notificación, coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (LRXPAC).
Recursos:
-Contra este acordo poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo (XCA) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA).
-Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana este acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC.
-Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o XCA no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido segundo o disposto no artigo 46 da LXCA.
-Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a súa interposición sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o XCA no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a inter
posición do mesmo), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 LXCA en relación cos artigos 116 e 117 da LRXPAC.
Arteixo, 15 de outubro de 2002.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente alcalde