Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO (35/2002.DUA).

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 26-9-2002, acordou aprobar definitivamente a división do ámbito da UA 33 en dous polígonos, promovida por José María Caamaño Louro en representación de Sistemas Metálicos Caamaño, S.L.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva este escrito de notificación, coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (LRXPAC).

Recursos:

-Contra este acordo poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (STSXG) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA).

-Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana este acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC.

-Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido segundo o disposto no artigo 46 da LXCA.

-Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a súa interposición sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a inter

posición deste), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 LXCA en relación cos artigos 116 e 117 da LRXPAC.

Arteixo, 18 de decembro de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde