Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación de resolución de arquivo dictada en relación co expediente e interesado que no anexo se relaciona, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal no domicilio do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a resolución do delegado provincial da CPTOPV, pola que se acorda o arquivo das actuacións sen máis trámite.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da citada lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Visto o expediente promovido por vostede, para a construcción de vivendas de protección oficial nese concello e,

Resultando que o expediente foi cualificado provisionalmente concedéndolle un prazo de execución das obras de 30 meses.

Resultando que mediante requirimento, apercibiuse ó interesado/a sobre a declaración de caducidade do expediente de non cumpri-las prescricións que determina a normativa sobre vivendas de protección oficial.

Considerando que transcorrido o prazo de 3 meses concedidos para o efecto e ó non acreditarse que presentara a solicitude de cualificación definitiva, así como a documentación complementaria desta, non se cumpriu o establecido non artigo 17 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro.

Considerando que cumpridos os requisitos que determina o artigo 92.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, produciuse a paralización do expediente por causa imputable ó promovente, sen que conste tampouco que se solicitara ningunha prórroga por causa xustificada.

Resolvo no exercicio das atribucións que me están conferidas, declara-la caducidade do expediente e, en consecuencia, proceder ó arquivo das actuacións».

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-P-0003/97.

Interesado: Alfonso Fernández Fernández.

Último enderezo coñecido: Travesía de Vigo, 209, 2, 5º G (Vigo).

Intentos de notificación persoal: o 11-10-2002.