Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2003 polo que se notifica a resolución do procedemento declarativo do reintegro das cantidades percibidas indebidamente (número PR/RV/018/02).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada a este pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa sinalada no anexo a resolución dictada polo director do Ilgga (actualmente denominado Fogga-Fondo Galego de Garantía Agraria-), pola que se declara o reintegro das cantidades percibidas indebidamente, mediante a publicación dun extracto da resolución, xa que non foi posible a práctica da notificación a través do servicio de correos no seu último enderezo coñecido, con indicación de que a dita resolución e o expediente íntegro están na Secretaría do Fogga, sita en Santiago de Compostela (rúa dos Irmandiños s/n. Salgueiriños).

A resolución que se notifica por medio deste anuncio non esgota a vía administrativa e, contra ela, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o presidente do Fogga, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, redactados conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2003.

Secundino Grobas Mosquera

Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Número de expediente: PR/RV/018/02.

Axuda: superficies (Campaña 1998).

Perceptora: Ángeles López Gallego.

DNI: 33738595.

Último enderezo coñecido: Fontao, 27611 Sarria (Lugo).

Axuda percibida: 113,91 A.

Data do pagamento da axuda: 30-12-1998.

Data da resolución declarativa do reintegro: 28-11-2002.

Causa do reintegro: non validación da superficie declarada.

Importe que se vai reintegrar: importe total: 134,29 A.

1. Principal: 113,91 A.

2. Xuros de demora: 20,38 A.