Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 6 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de reintegro do 7 de xaneiro de 2003 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM Reint. 2002/155-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1. Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/155-5.

Expediente de xestión: FM 342B 2000/1154-5.

Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: ITE-NET Desarrollos Informáticos, S.L.

Enderezo: estrada provincial 3ª Trans. 4 baixo, 36204 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución de reintegro por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 7 de xaneiro de 2003, ó abeiro da Orde do 13 de marzo de 2000.

ACORDO:

Visto o expediente referenciado, e como consecuencia da función de seguimento e control das subvencións concedidas, e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

1. O beneficiario recibiu unha subvención de 1.803,04 A (300.000 ptas.) pola contratación indefinida (3-3-2000) do traballador Luis Jesús Trigo Crespo.

2. Que de conformidade coas facultades de control que corresponden á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, segundo a disposición adicional primeira da Orde do 13 marzo de 2000 pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000 e revisadas a súas alegacións compróbase o incumprimento da base décima da dita orde.

Fundamentos.

Primeiro.-A base décima do anexo B da Orde do 13 de marzo do 2000 (DOG do 27 de marzo) reguladora das axudas á contratación por conta allea para o ano 2000 obriga os beneficiarios a mante-lo número de traballadores fixos do seu cadro de persoal durante polo menos 3 anos que se contarán desde a data de realización do contrato, e no suposto de extinción da relación laboral do traballador polo que se concedeu a subvención, á cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reuni-los requisitos do traballador substituído, no mes seguinte á baixa. Esta obriga manterase durante tres anos desde a realización do contrato indefinido obxecto de subvención.

Segundo.-O artigo 11 da citada orde determina a revogación e o reintegro da axuda por parte do beneficiario, así como a esixencia do xuro de demora, nos casos e termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

En virtude do exposto e ó abeiro da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, (DOG do 11 de decembro) polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVO:

Declara-la procedencia do reintegro por parte de ITE-NET Desarrollos Informáticos, S.L. da cantidade de 1.803,04 A (300.000 ptas.) concedida na resolución desta delegación provincial do 6-7-2000 en concepto de subvención pola contratación indefinida de Luis Jesús Trigo Crespo.

Os órganos competentes da Consellería de Economía e Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, forma e prazo do ingreso da referida cantidade, así como a liquidación dos xuros de demora, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra a presente resolución o interesado poderá interponer, ó abeiro dos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), recurso de alzada ante a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da presente notificación.

Vigo, 7 de xaneiro do 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 6 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra