Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 6 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro do 5 de novembro de 2002 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM Reint. 2002/126-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado pola interesada do acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orden do 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1. Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/126-5.

Expediente de xestión: FM 342B 2000/900-5.

Orde da convocatoria: 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Mª Solmira Díaz López.

Enderezo: Michelena, 11, 36001 Pontevedra.

Asunto: acordo de inicio do procedemento de reintegro por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 5 de novembro de 2002, ó abeiro da Orde do 13 de marzo de 2000.

ACORDO:

Revisado o seu expediente de conformidade coas facultades de control, avaliación e seguimento que corresponde á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude segundo a disposición adicional primeira da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.

E comprobada a extinción da relación laboral da traballadora Mª Elisa Gómez Vila con data 30-6-2002, última contratada como substituta de Elisa Barreiro Vidal, sen que conste a súa substitución nas condicións esixidas pola base décima do anexo B da dita Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo).

ACORDO:

1. Iniciar, en exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), o procedemento de reintegro da subvención concedida de 4.808,1 A (800.000 ptas.) concedida na resolución do 28-6-2000 pola contratación indefinida de Elisa Barreiro Vidal.

2. Dar trámite de audiencia á interesada, concedéndolle a Mª Solmira Díaz López un prazo de 10 días hábiles para formula-las alegacións e achega-los documentos que estime pertinentes.

Vigo, 5 de novembro do 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra.

Os correspondentes expedientes obran no Servicio de Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 6 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra