Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 5 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución desestimatoria do 23 de decembro de 2002 da renda para o inicio da actividade do expediente administrativo FM 341D 2001/1936-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución desestimatoria da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 1 de febreiro de 2001 (DOG do 28 de febreiro), publícase:

1. Expediente de renda para o inicio da actividade: FM 341D 2001/1936-5.

Orde da convocatoria: 1 de febreiro de 2001 (DOG do 28 de febreiro).

Interesado: César Fernández Groba.

Enderezo: Couso, Guláns 48, 36860 Ponteareas (Pontevedra).

Asunto: resolución desestimatoria do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 23 de decembro de 2002, ó abeiro da Orde do 1 de febreiro de 2001 (DOG do 28 de febreiro).

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas para o emprego autónomo, presentada por César Fernández Groba, e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 28-9-2001.

Segundo.-Solicítase o seguinte tipo de axuda:

-Subvención.

Terceiro.-O Servicio de Fomento do Emprego desta delegación provincial notificou a 11-12-2001 o requirimento de emenda da súa solicitude.

Cuarto.-O solicitante non achegou a documentación requirida no prazo concedido:

* DNI; certificación de inscrición no Servicio Público de Emprego; informe de vida laboral; facturas xustificantes do investimento; ficha de solicitude de transferencia bancaria...

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, desta delegación provincial para coñecer e resolve-la presente solicitude, vén determinada polo artigo 2 da Orde do 1 de febreiro de 2001 pola que se establecen, entre outros, o programa de fomento do emprego autónomo (DOG do 8 de febreiro).

Segundo.-O artigo 42.1º da Lei do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación esta delegación provincial

ACORDA:

Declara-lo desistencia da solicitude de axudas en concepto de presentada por César Fernández Groba.

Esta resolución pon fin a vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 23 de decembro de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes obran no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 5 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra