Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 6 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución desestimatoria do 23 de decembro de 2002 da renda para o inicio da actividade do expediente administrativo FM 341D 2002/954-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado pola interesada da resolución denegatoria da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 1 de febreiro de 2001 (DOG do 28 de febreiro), publícase:

1. Expediente de renda para o inicio da actividade: FM 341D 2002/954-5.

Orde da convocatoria: 1 de febreiro de 2001 (DOG do 28 de febreiro).

Interesada: Mónica Rodríguez González.

Enderezo: As Angustias, 54, Sanguiñeda, 36415 Mos (Pontevedra).

Asunto: resolución denegatoria do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 23 de decembro de 2002, ó abeiro da Orde do 1 de febreiro de 2001 (DOG do 28 de febreiro).

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas para o emprego autónomo, presentada por Mónica Rodríguez González, e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 12-6-2002. Xunto coa solicitude presentouse diversa documentación da esixida na orde de convocatoria, e pedíanse os seguintes tipos de axuda:

-Renda para o inicio da actividade.

Segundo.-Da documentación que consta no expediente despréndese que non se cumpren os requisitos, polas razóns que se indican:

Non estar inscrita no Servicio Público de Emprego, segundo consta no certificado do Servicio Público de Emprego, no momento de inicia-la actividade, incumprindo a base segunda do anexo B da orde reguladora.

Beneficiarios: «Poderan ser beneficiarios das axudas deste programa os desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego que proxecten a creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores autónomos por conta propia...».

Terceiro.-Na tramitación do presente expediente, observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia, por delegación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, desta delegación provincial para coñecer e resolve-la presente solicitude, vén determinada polo artigo 2 da Orde do 5 de abril de 2002 pola que se establecen os programas de axudas para o fomento do emprego en empresas de economía social para a promoción do emprego autónomo e para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e traballo autónomo.

Segundo.-Do actuado e da documentación achegada, despréndese que non se cumpren as condicións e requisitos esixidos na orde de convocatoria, polas razóns que se indican no orixinal segundo dos precedentes antecedentes e que constitúen a motivación da presente.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación esta delegación provincial

ACORDA:

Non conceder a Mónica Rodríguez González a axuda ou subvención solicitada ó abeiro da citada Orde do 5 de abril de 2002, polas razóns expostas no ordinal segundo dos precedentes antecedentes.

Notifíquese esta resolución a interesada, facéndolle saber que pon fin a vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, todo iso de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 23 de decembro de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 6 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra