Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 26 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador número 129/2002 PANA, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 27 de xaneiro de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra dictou resolución do expediente sancionador nº 129/2002 PANA incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a El Maravillas S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ó abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a El Maravillas S.L. o contido do referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación provincial, sita na avenida de Vigo, 16-Pontevedra, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina na Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001, ou Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento

co disposto no artigo 59.5º da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2003.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: 129/2002 PANA.

Denunciado: El Maravillas, S.L.

DNI/NIF: 35970732-C.

Último enderezo coñecido: r/ María Berdiales, 8, Vigo.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable á hixiene relativa ós productos alimenticios e á lexislación aplicable ós manipuladores de alimentos.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidad; artigo 2.2º 2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria, cap. IV do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios, artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 180 euros. Cento oitenta euros.